Eventos
"E ti que ves sendo?" Esta foi a pregunta coa que nos atopamos en Marzán ao chegar ao cole, por iso un a un nos presentamos achegando unha caixiña coas cousiñas que mellor nos definen (familia, afeccións, etc.) e iniciamos o descubrimento do noso corpo a través dos sentidos e as emocións.
SOMOS IGUAIS E A VEZ TAN DIFERENTES!!!
Os nenos e nenas da escola de Fornelos infantil realizamos nestre primeiro trimestre un obradoiro de cociña, no cal elaboramos as nosas "GALLETAS OLÍMPICAS", dado que estamos centrados no traballo dos aros olímpicos e os continentes (dentro do proxecto das CRAOLIMPÍADAS).
Hoxe no CRA Mª Zambrano, coa aportación e a axuda da "Biblioteca Anisia Miranda", estamos conmemorando o día da diversidade funcional que se celebra cada 3 de decembro.
O alumnado estivo investigando e todo o recollido o plasmarán nun libro cooperativvo con diferentes deportes paralímpicos: paranatación, tenis en cadeira de rodas, voleibol adaptado...
XUNTOS COA DIVERSIDADE FUNCIONAL!!!
Durante este trimestre estivemos traballando cousiñas que a priori parecen moi sinxelas, como barrer, limpar as mesas, a vaixela e os cristais, dobrar panos ou pór a mesa, pero que implican aprendizaxes moi importantes: esperar a quenda, atención, concentración, axuda ós compañeiros/as, vida práctica...
AÍNDA NON TEMOS 3 ANOS, PERO SOMOS MOI AUTÓNOMOS!!!