Eventos
Neste mes de novembro da ciencia, está viaxando polas diferentes aulas do CRA un material moi especial "A maleta científica". Nela hai diferentes recursos para profundizar nesta temática tan interesante e divertida, como son:
- Materiais para realizar un proxecto con plastilina condutora de electricidade de elaboración propia.
- Taboleiros sobre as "CRAOLIMPIADAS" para traballar cos Escornabots.
- E o maletín de "Yo aprendo a programar"...
IREMOS MOSTRANDO AS FOTIÑOS !!!
"E ti que ves sendo?" Esta foi a pregunta coa que nos atopamos en Marzán ao chegar ao cole, por iso un a un nos presentamos achegando unha caixiña coas cousiñas que mellor nos definen (familia, afeccións, etc.) e iniciamos o descubrimento do noso corpo a través dos sentidos e as emocións.
SOMOS IGUAIS E A VEZ TAN DIFERENTES!!!
Os nenos e nenas da escola de Fornelos infantil realizamos nestre primeiro trimestre un obradoiro de cociña, no cal elaboramos as nosas "GALLETAS OLÍMPICAS", dado que estamos centrados no traballo dos aros olímpicos e os continentes (dentro do proxecto das CRAOLIMPÍADAS).
Hoxe no CRA Mª Zambrano, coa aportación e a axuda da "Biblioteca Anisia Miranda", estamos conmemorando o día da diversidade funcional que se celebra cada 3 de decembro.
O alumnado estivo investigando e todo o recollido o plasmarán nun libro cooperativvo con diferentes deportes paralímpicos: paranatación, tenis en cadeira de rodas, voleibol adaptado...
XUNTOS COA DIVERSIDADE FUNCIONAL!!!