Eventos
Os nenos e nenas da escola de Novás(de educación infantil e primaria) celebraron o Samaín xuntos e o fixeron a través de diferentes actividades como:
- Taller de repostería, coa elaboración de magdalenas de cabaza.
- Traballaron os contos "Os esqueletos divertidos" e "Sopa de cabaza".
- Elaboración do mural sobre o conto de "sopa cabaza".
- Maquillaxe terrorífico grazas a nosa mestra de música Adela!!
QUE BEN O PASAMOSSSSSSS!
O 30 de outubro celebramos en Couso a festa do Samaín. Xuntámonos todos os nenos e nenas e primeiro vimos un pouquiño da película de COCO.
Despois fixemos dous talleres:
- A manualidade dunha pantasma.
- Cociña monstruosa, o noso bocata e magdalenas de cabaza personalizados.
Merendamos e comemos todiño!!! ESTABA MOI MOI RICOOOOOO
Para rematar o día xogamos co memory do Samain.
Os nenos e nenas da escola de Fornelos celebramos o SAMAÍN e o fixemos coa visita do alumnado de Marzán. Pasamos unha mañá moi divertida e tamén terrorífica . Comezamos cunha historia e un conxuro, para posteriormente realizar unha serie de acertixos e de probas que nos abrían a porta da escola deinfantil, na cal comezamos á elaboración de postres maléficos e propios deste día.
AHÍ ESTÁN AS FOTOS!!!
Nesta escola temos sorte de estar rodeados de natureza e de árbores froiteiras como o castiñeiro. Así que, xogmos coas súas follas e descubrimos os seus ourizos, que pican e agochan castañas que apañamos e manipulamos para preparalas no forno e papalas.
Entre medias chegou o Samaín, que festexamos converténdonos en bruxas, elaborando as nosas propias basoiras e manipulando misturas noxentas.
APRENDIMOS E NOS DIVERTIMOS MOITO!!!
![Events at <em>CRA María Zambrano</em> Distribuir contido](/centros/cramariazambrano/misc/feed.png)