Eventos
O pasado 3 de Maio todo o alumnado do CRA desprazouse a Pías para celebrar o Día do Libro. Para elo organizamos diferentes recunchos por todo o colexio:
- Recuncho de Braille. O alumnado elaborou o seu nome en Braille con diferentes materiais tactiles.
- Recuncho de reciclaxe: O alumnado experimentou as técnicas básicas do reciclado de papel. Ademais tamén decoraron a súa propia mochila de tea para concienciar sobre a importancia da eliminación doutros materiais contaminantes.
- Recuncho ExpresArte. O alumnado creaba unha lámina usando moitas cores, despois cubríaa de negro e por último rasgaba para facer un debuxo multicor.
- Recuncho STEAM. O alumnado tivo que darlle á cabeciña para buscar solucións a diferentes retos que se lle propoñían.
- Recuncho de xogos manipulativos. O alumnado experimentou con diferentes xogos de procesos cognitivos, lóxica, linguaxe...
- Recuncho de igualdade e robótica. A través da curtametraxe sobre igualdade "Purl", o alumnado traballou o contido da mesma a través de diferentes taboleiros para os Escornabots e Ozobot.
O alumnado de primaria do CRA fomos de excursión a Coruña onde pasamos un día xenial.
O chegar a Coruña fomos ó acuario, onde vimos diferentes tipos de peixes, unha representación do Nautilius e concienciámonos sobre a cantidade de lixo que se verte no mar. Ó sair do acuario fomos ó museo Domus, onde descansamos e xogamos. Para rematar, fomos á Casa das Ciencias e ó planetario.
O rematar as visitas fomos a comer uns xeados e montamos no autobús para voltar a casa. Cando chegamos ó CRA eran as 21:30, e a pesares do cansancio pasámolo xenial!!!