Eventos
O pasado Luns todas as aulas do CRA visitamos o estudo de Radio Tui onde poidemos presenciar un programa en directo, gravar as nosas propias cuñas e mandar un saúdo para as nosas familias. Ó remate da visita, fomos andando a un parque onde merendamos e xogamos ata que nos veu buscar o autobús para levarnos de volta a casa.
Vivimos un entroido moi chulo. Durante toda a semana o "meco" foi mandándonos vir vestidos ao colexio con algo na cabeza, algo no pescozo, un zapato de cada cor, algo do revés... O día da festa chegou todo o mundo á escola de Novás (algúns incluso en tractor). Despois de prepararnos e vestirnos comezou o desfile. Cada colexio disfrazouse de algo relacionado co entorno: a escola de Pías vestíuse de Xabarín, a de Novás e Marzán de insectos, a de Fornelos de persoaxes da película "O Bosque Animado" , a de Couso de Porco Teixo e a de Tabagón de árbores.
Desfrutamos dun mercadillo impresionante organizado pola ANPA no que as familias donaron previamente produtos naturais e artesanais para poñelos á venda ese día. Os cartos recaudados van destinados a actividades para as nenas e nenos do CRA.
Tamén houbo unha rifa solidaria de dúas cestas con produtos de alimentación para recaudar fondos para as actividades destinadas ás nenas e nenos do CRA.
Ademais entregáronse os premios do concurso de fotografía de cociña en familia do CRA.
E todo isto culminado cun rato de baile e merenda. Foi un gran día.
Por cuarto ano consecutivo, no noso CRA levamos a cabo o concurso fotográfico para o alumnado e as familias. Neste curso, na súa cuarta edición, a temática é sobre os nosos montes, polo que o alumnado poderá desfrutar dos mesmos e inmortalizar os momentos.
Os gañadores e gañadoras das diferentes categorías son:
- DIVERTIDA: Os irmáns Iker e Aitor Alonso, da escola de Fornelos, pola súa foto "Tocando as follas"
- ORIXINAL: As irmáns Clara e Alba Gómez, da escola de Pías, pola súa foto "Coidando do noso entorno no Lago Bostelo"
- ARTÍSTICA: As amigas Vera Rivero e Aroa Pereira, da escola de Novás, pola súa foto "Tendendo pontes á natureza".
Podedes ver tódalas fotos participantes expostas na biblioteca do CRA.