Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
En tódalas aulas do CRA fixemos unha actividade de psicorobótica na que traballamos a psicomotricidade por medio da robótica cun robot chamado "Movi" que dipón de varios xogos para que as nenas e os nenos se movan e se divirtan. Algúns destes xogos son: - "O semáforo", no que Movi ordena moverse coa luz verde e parar coa vermella. - "Os animais". Movidice o abecedario parando nalgunhas letras e imitando a diferentes animais. - "Movi dice" e "paso a paso", no que o robot da diferentes ordes ós nenos como: da un salto, toca os xeonllos, tres pasos atras, un xiro... Esta actividade está dentro da área de Educación física. Comezo:16/01/2019 09:00
Final:16/01/2019 14:00
O pasado 16 de Xaneiro a escola de Fornelos foi visitar a biblioteca. Alí, dividíronse por grupos e fixeron co mestre Moncho uns debuxos con area tinxida. Ademais tamén xogaron a dous xogos que lles trouxo o Apalpador: un encrucillado e o xogo do "Aforcado". Aproveitamos e escoitamos a canción do Día da Paz e xogamos a diferentes xogos. Para rematar, os alumnos e alumnas de primaria contaron uns contos para despedir o día.
|