Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Venres Novembro 16, 2018
Comezo:12/11/2018 09:00
Final:16/11/2018 14:00

Na semana do 12 ó 16 de Novembro, todas as escolas do CRA participaron na iniciativa solidaria de "Quilómetros de solidariedade", en colaboración coa asociación "Save the Children".

Cada aula aproveitou a súa sesión semanal de psicomotricidade para realizar a carreira. Antes da mesma, o mestre de psicomotricidade deulle unha breve explicación da mesma e a continuación repartiu un dorsal a cada neno e nena co número que escolleran. Ó rematar cos prolegómenos, os nenos e nenas realizaron unha carreira nun recorrido marcado (en infantil un recorrido curto e en primaria un pouco máis longo).

O obxetivo da iniciativa é buscar "patrocinadores" e doar unha cantidade simbólica (non obrigatoria) por cada neno ou nena, e recaudar o máximo posible para doar á asociación "Save the Children".

Comezo:16/11/2018 09:00
Final:16/11/2018 14:00

Como todo os anos, as diferentes escolas reuníronse para festexar o magosto. Este ano xuntámonos en Marzán e pasamos un día xenial. Comezamos o día facendo xogos en grupos no que os nenos e nenas desfrutaron moitísimo... xogamos ó "panocastaña", "relevocastaña", balonmán, fútbol sala, lanzamos aos tragacastañas, …


Despois dos xogos e coa axuda dalgunhas nais e pais, asamos unhas castañas e comimos diferentes postres e comidas típicas destas datas feitos e aportados polas familias… Puxémonos as botas!!!

 

Venres Novembro 23, 2018
Comezo:23/11/2018 09:00
Final:23/11/2018 14:00

 

Na aula de primaria de Fornelos recibimos a visita de Angelina, que veu a nosa aula para falar de diversas situacións da nosa vida e da muller. 

Foi unha charla moi entretida onde os nenos e nenas reflexionaron e aprenderon moitas cousas.


Domingo Novembro 25, 2018
Comezo:25/11/2018 00:00
Final:25/11/2018 23:59

O día 25 de Novembro foi o Día Internacional contra a violencia de xénero e as diferentes escolas do CRA tamén celebraron este día. Dende o equipo de biblioteca propúxeronse diferentes actividades a partir do conto de "Arturo e Clementina" que as nenas e nenos levaron a cabo nas aulas.

Martes Novembro 27, 2018
Comezo:27/11/2018 09:00
Final:27/11/2018 14:00

O vindeiro Martes 27 de Novembro os alumnos e alumnas do CRA iremos a Vigo para ver a obra de teatro "Hamsel e Gretel" da compañía "Teatro Avento". Sairemos das escolas en autobús arredor das 08:55 e chegaremos para comer nas nosas casas.

Foi un día fantástico, os nenos e nenas desfrutaron moitísimo coa obra e as súas persoaxes. Unha vez nas aulas, falamos sobre a obra e comentamos diferentes aspectos da mesma.

Sábado Decembro 01, 2018
Comezo:01/12/2018 09:00

O noso CRA adheriuse este curso escolar ó PROGRAMA EDUCATIVO REVITALIZA, “Apúntate á compostaxe” promovido pola Deputación de Pontevedra. Pareceunos unha actividade moi importante para concienciar ao noso alumnado e profesorado sobre un dos problemas ambientais aos que diariamente nos temos que enfrontar. Neste programa estanse a desenvolver actividades encamiñadas ao alumnado e profesorado do centro como son: xornadas profesorado, xogo sobre residuos, compostaxe infantil, poñendo en marcha os composteiros, a actividade "Quen vive aí?" e a exposición na biblioteca do centro todo o mes de Decembro.

Luns Decembro 03, 2018
Comezo:03/12/2018 09:00
Final:03/12/2018 14:00

O 3 de Decembro celebramos no CRA o día internacional da discapacidade. Para elo empregamos o libro "A árbore da escola" e cada unha das aulas transcribiu unha páxina do libro a diferentes formas de comunicación (empregando diferentes lenguaxes, pictogramas, sons...). Para rematar, cada colexio prantou unha árbore no patio.

Mércores Decembro 05, 2018
Comezo:05/12/2018 17:00
Final:05/12/2018 20:00

Os nenos e nenas da escola de Tabagón levaron a cabo o tradicional encendido das luces de Nadal na súa escola. Ó acto acudiron moitas familias que poideron desfrutar dunha deliciosa merenda e co encendido das luces.

Distribuir contido


by Dr. Radut