Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
8
all day
O Mércores 3 de Outubro os alumnos e alumnas de Fornelos de primaria e infantil visitaron a nosa biblioteca e aproveitaron para sair coas compañeiras e compañeiros da escola de Tabagón a recoller mazás. Fomos andando a unha finca preto da escola e Anxo e Álex explicáronnos como recollían as mazás e axudáronnos a apañar unhas poucas que meteron nunha bolsa feita na clase. Ademais tamén nos ensinaron zumes dos que poideron beber e sidra. | 9
Comezo:03/10/2018 09:00
Final:09/10/2018 14:00
O Mércores 3 de Outubro os alumnos e alumnas de Fornelos de primaria e infantil visitaron a nosa biblioteca e aproveitaron para sair coas compañeiras e compañeiros da escola de Tabagón a recoller mazás. Fomos andando a unha finca preto da escola e Anxo e Álex explicáronnos como recollían as mazás e axudáronnos a apañar unhas poucas que meteron nunha bolsa feita na clase. Ademais tamén nos ensinaron zumes dos que poideron beber e sidra. Comezo:09/10/2018 09:00
Final:09/10/2018 14:00
O Martes 9 de Outubro foi o turno da escola de Novás de visitar á biblioteca. Aproveitamos a visita para ir cos nenos e nenas da escola de Tabagón a recoller millo, pero tamén tivemos tempo para que a mestra e o mestre nos contaran algun conto e incluso para que algún neno de primaria contara un conto ós seus compañeiros. Comezo:09/10/2018 09:00
Final:09/10/2018 14:00
Aproveitando a visita que a escola de Novás fixo a biblioteca, decidimos ir ata a finca da avoa Concha (a avoa de Antón) a recoller millo. Fomos todos xuntos andando mentres contábamos historias e cantabamos e unha vez que chegamos puxémonos mans á obra. Montamos no motocultor para sacar fotos e recollimos moito millo co que enchemos os capachos para levar para clase e debullalo entre todos.
| 10
Comezo:10/10/2018 09:00
Final:10/10/2018 14:00
O Mércores 10 de Outubro os nenos e nenas do Couso tiveron a oportunidade de pasar o día na biblioteca. Nesta visita, ademais de gozar e desfrutar cos libros da biblioteca, os nenos e nenas aproveitaron o bo día que facía para saír e recoller follas das árbores, que despois aproveitaron para facer diferentes actividades relacionadas co outono. | 11
| 12
| 13
| 14
|