Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Comezo:18/09/2018 09:00
Final:18/09/2018 14:00
No novo curso que comezamos propuxémonos coñecer máis o entorno que nos rodea, e imos poñer en marcha un proxecto con esa temática. Por iso, e para comezar, decidimos facer unha saída para coñecer as diferentes árbores que nos rodean, aprender o seu nome, como son as súas follas... e para elo, Xoel e seu pai ofrecéronse voluntarios para explicarnos todo con moito detalle. Unha vez que voltamos para a aula e xa sabíamos algunha cousa sobre as diferentes árbores, Xoel e seu pai fixeronnos unha exposición sobre o trigo, o carballo, o piñeiro e o castiñeiro, onde os nenos e nenas poideron facer moitas preguntas e aprender cousas que non sabían. |