Eventos
Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.
Na quinta sesión que se levou a cabo na escola de Novás, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron diferentes conceptos a través das cancións "Abre a roda", "Hockey Pockey", "Os sete xestos", "Miriu Allá" ou "Centro ao centro", e tamén escribiron os números do 10 ó 1 e do 20 ó 11 en orde descendente e os números pares ata o 18.
Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.
Na quinta sesión que se levou a cabo na escola de Fornelos, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron diferentes conceptos coma o círculo (facendo círculos, atopando o centro...), xogos de imitación, e traballamos con cancións como "Abre a Roda", "Ballo dei gobbi", "Centro ó centro" ou "Sete xestos". Para rematar fixemos, cun novelo de lá, unha arañeira pasándonolo e dicindo nome de a quen llo tirabamos, e logo decirlle algo de despedida a Mercedes.
Vivimos un entroido moi chulo. Durante toda a semana o "meco" foi mandándonos vir vestidos ao colexio cunha bata, cos calcetíns por enriba dos pantalóns, coa roupa do revés... O día da festa chegou todo o mundo á escola de Novás (algúns incluso en tractor). Despois de prepararnos e vestirnos comezou o desfile. Cada colexio fíxolle unha homenaxe a unha muller: a escola de Pías vestíuse de Pippi Langstrump, a de Novás de piratas en honra a Mary Read, a de Fornelos de Hipatía de Alexandría, a de Couso de Monstruo de Cores en honra a Ana LLlenas e as de Tabgón e Marzán de Cleopatras.
Desfrutamos dun mercadillo impresionante organizado pola ANPA no que as familias donaron previamente produtos naturais e artesanais para poñelos á venda ese día. Os cartos recaudados van destinados a actividades para as nenas e nenos do CRA.
Tamén houbo unha rifa solidaria de dúas cestas con produtos de alimentación para recaudar fondos para as actividades destinadas ás nenas e nenos do CRA.
Ademais entregáronse os premios do concurso de fotografía de cociña en familia do CRA.
E todo isto culminado cun rato de baile e merenda. Foi un gran día.