Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Por tercer ano o noso colexio volve a levar a cabo o concurso fotográfico para os nenos e familias. Este ano a temática irá enfocada á cociña en familia, polo que dende o 8 de Xaneiro ata o 19 dese mesmo mes os alumnos poderán entregar os seus traballos. ANIMAMOS A TODAS AS FAMILIAS A PARTICIPAR!!! MANS Á OBRA!!!!
Comezo:10/01/2018 12:00
Final:10/01/2018 14:00
Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza. Na quinta sesión que se levou a cabo na escola de Novás, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron, entre outras cousas, os diferentes agrupamentos empregando as sumas e restas, fixeron diferentes tipos de camiños (curvos e rectos), imitáronse os uns ós outros así como diferentes aspectos bailando o chotis. |