Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Luns Maio 15, 2017
Comezo:15/05/2017 09:00
Final:15/05/2017 14:00

As nenas e nenos de Ed. Primaria do CRA desfrutamos hoxe no Auditorio do Rosal, xunto con alumnas e alumnos de máis colexios, dunha representación teatral para celebrar o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Carlos Casares, así que a obra representada foi deste autor: "A Galiña Azul".

Estivo xenial!!!

 

Martes Maio 23, 2017
Comezo:23/05/2017 09:00
Final:23/05/2017 18:00

As nenas e nenos de Ed. Primaria do CRA imos de excursión á Coruña. Pasamos todo o día e comemos alí. Imos visitar museos desa cidade coma a Casa das Ciencias, A Domus ou o Aquarium.

Menudo día!!! Espectacular. Chegamos a Coruña despois dun bo rato no bus e entramos a ver unha proxección no planetario da Casa das Ciencias cun vampiro e moitas estrelas...

Despois fixemos un percorrido polas instalacións e experimentos e marchamos ata a Domus. Alí descansamos un pouco e zampamos a comida. Despois xa estabamos listos para visitar a Domus con tantas cousas para aprender, ver, tocar, probar, escoitar...

E inda quedaba o Acuario con tantos peixiños e de máis criaturas mariñas... Ata unha quenlla no Nautilus (que sala máis chula, por certo)!!! Impresionante.

Despois de tanta emoción tocou merendar nun parque cerquiña da Torre de Hércules, tomar un xeado e montar no bus de volta.

Día longo, esgotador e seguidiño, pero pagou a pena co ben que o pasamos.

Xenial!!!

 

Mércores Maio 24, 2017
Comezo:24/05/2017 09:00
Final:24/05/2017 14:00

Aquí temos unha publicación do noso propio xornal "A voz de Zambrano". A actividade consistiu en recoller as cousas máis salientables deste mes de marzo e xuntalas para poder facer o noso propio xornal.

Quedou moi chulo.

 

Luns Maio 29, 2017
Comezo:29/05/2017 09:00
Final:29/05/2017 14:00

As nenas e nenos de primaria do CRA asistimos a unha obra de teatro cantada. Chamábase nena que quería navegar”, do grupo teatral Redrum Teatro no Auditorio do Rosal, xunto ás nenas e nenos doutros colexios da zona.
A obra falounos sobre o acoso que algúns alumnos e alumnas sofren nos centros escolares, aportándonos ideas sobre como saír desta situación.
Tamén desfrutamos moito coas cores vivas e cambiantes, a música dos 80 con letras adaptadas e polo bo facer dos actores e actriz.
Foi xenial!!!

 

Mércores Maio 31, 2017
Comezo:31/05/2017 09:00
Final:31/05/2017 14:00

Con motivo da celebración das Letras Galegas este ano facemos unha adaptación plástica e audiovisual de varios traballos e datos da vida do escritor homenaxeado este ano: Carlos Casares.

 

Cada aula decide o xeito de plasmar o conto ou contido que lle corresponde:

- Aula de Novás Ed. Infantil: A formiga esquiadora, do libro A galiña azul.

- Aulas de Couso Ed. Infantil: A galiña azul, do libro A galiña azul.

- Aula de Marzán Ed. Infantil: O peixe da fonte do xardín, do libro A galiña azul.

- Aula de Tabagón Ed. Infantil: Querida Ana, do libro A galiña azul.

- Aula de Fornelos Ed. Infantil: A bomba da felicidade, do libro A galiña azul.

- Aulas de Pías Ed. Infantil e Primaria: libro As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

- Aula de Fornelos Ed. Primaria: biografía de Carlos Casares.

- Aula de Novás Ed. Primaria: bibliografía de Carlos Casares.

 

Moito ensaio, moito traballo e moita creatividade para decidir que facer en cada escola... Moitas grazas pola enerxía e gañas postas para facelo. O resultado paga ben a pena!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut