Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Martes Marzo 14, 2017
Comezo:14/03/2017 09:00
Final:14/03/2017 14:00

O alumnado de Ed. Infantil do CRA temos unha visita moi interesante a Apípolis. Nestas instalacións podemos ver, aprender e experimentar con todo o relacionado co mundo das abellas.

Saímos ben cedo en autobús e chegamos ata Apípolis (cerca de Pontevedra) ás 10:30. Nada maís chegar baixamos dos buses e camiñamos ata unha explanada para presentarnos e facer catro grupos. Durante a mañá os catro grupos fomos rotando por catro actividades moi chulas:

- fixemos galletas coas nosas propias mans que levaban, entre outras cousas, mel;

- coa cera das abellas feita unha lámina puidemos facer velas envolvendo un fío coa cera ata conseguir un cilindro;

- contáronnos como eran e como vivían as abellas nunha exposición moi chula que había alí;

- puxéronnos os traxes de apicultores e puidemos entrar á zona onde estaban os panais e as abellas e ver todo diante dos nosos ollos.

Despois de tantas cousas paramos para comer, fixemos algúns xogos e cancións e xa tocou a hora de subir de novo aos buses para marchar de volta.

Foi un día xenial!!!

 

Comezo:14/03/2017 09:00
Final:14/03/2017 14:00

O alumnado de Ed. Primaria do CRA temos unha visita moi interesante con ANABAM (Asociación Naturalista Baixo Miño). Podemos desfrutar da visita ao Centro de Interpretación da Natureza onde coñecer a fauna do Baixo Miño. E despois un paseo didáctico ata os observatorios ornitolóxicos onde, con sorte, podemos ver diferentes aves da zona.

Comezamos o día xuntándonos no aparcadoiro do ferri, na Pasaxe. Dende alí fomos andando ata o centro de interpretación, onde fomos recibidos por Agustín Ferreira, o presidente de ANABAM. Explicounos e ensinounos os materiais da exposición no seu local. Moi interesante!

Despois fomos a observar as aves á praia da Armona. Levábamos uns prismáticos por cada equipo de tres nenos e nenas cos que puidemos ver uns corvos mariños e unha garza. Ademais, na praia, demos un paseo e recollemos cunchas e moitas cousas máis.

Por último achegámonos á caseta de observación preto do camping de Salcidos. Alí puidemos ver algunhas aves máis e a contorna do río Miño.

Foi un día xenial!!!

 

Mércores Marzo 29, 2017
Comezo:29/03/2017 09:00
Final:29/03/2017 19:00

As nenas e nenos de Ed. Primaria do CRA imos a Pontevedra a pasar o día alí, pasear e comer polas súas rúas, montar en tren e, sobre todo, asistir ao Salón de Libro. Unha grande actividade na que participamos miles de nenas e nenos de moitos colexios desfrutando de todo o que nos ofrece.

O plan previsto é:

- 8:45 Saír en autobús ás a Pontevedra.

- 10:15 Visitar o Salón do Libro cunha persoa que nos guía.

- 12:00 Asistir á obra de teatro Baobab.

- 13:00 Paseo por Pontevedra e comida. Despois collemos o tren ata Vigo.

- 18:00 Collemos o bus dende Vigo ata O Rosal.

 

Estivemos no Salón do libro, onde asistimos a unha obra de teatro que se chamaba "Pum, pum" do grupo Baobab. Tamén vimos traballos feitos por diferentes colexios e exposicións do tema "O mundo que queremos". Logo paseamos, comemos e xogamos por Pontevedra. De alí fomos a Vigo en tren.

Foi un día xenial!!!

 

Luns Abril 03, 2017
Comezo:03/04/2017 09:00
Final:03/04/2017 14:00

As nenas e nenos do CRA imos ao Polivalente do Rosal para desfrutar dun contacontos con Paco Nogueiras. Imos escoitar varios contos curtos acompañados de música en directo. O alumnado das escolas de Pías, Fornelos e Marzán van á sesión das 10:00. O alumnado das escolas de Couso, Tabagón e Novás, á das 11:00.

Foi unha actividade xenial. Estivemos con Paco Nogueiras, que nos contou tres contos moi chulos sobre árbores, cantamos e rios con él, que trouxo un ukelele e un acordeón.

 

Martes Abril 04, 2017
Comezo:04/04/2017 16:00
Final:04/04/2017 17:00

"Adentrándonos nos silencios para entender miradas" O alumnado con necesidades educativas especiais é unha realidade que existe dende hai tempo, pero, inda que hai moito investigado sobre isto, segue sendo un tema no que debemos estar sensibiliados e formados especificamente. No CRA participamos deste camiño coma claustro de mestras e mestres asistindo a unha charla sobre esta temática no propio CRA.

Moitas grazas a Silvia Estévez Villar, psicopedagoga con ampla experiencia neste campo, por vir a darnos un pouco de luz e estímulo de xeito desinteresado.

 

Preme aquí para máis información sobre educación inclusiva ou aquí para ver un documento sobre "aulas felices".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut