Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Venres Septembro 23, 2016
Comezo:23/09/2016 09:00
Final:23/09/2016 14:00

As nenas e nenos de primaria da escola de Fornelos fomos de excursión camiñando a coñecer os muíños do Folón e Picón que están no Rosal. É unha camiñata algo dura, pero son moi moi chulos. Paramos a merendar na Capela e despois voltamos.

Menudas vistas!!!

 

Luns Septembro 26, 2016
Comezo:26/09/2016 09:23
Final:26/09/2016 12:30

As nenas e nenos de Novás tivemos a oportunidade de visita unha bodega coas súas vides. Gracias aos pais de Ben, un alumno de Novás, que teñen traballan esta bodega e tiveron a amabilidade de adicarnos unha boa parte da mañá para ensinarnos as vides, como crecían e que había que facer para apañalas e vendimar a uva.

Despois fomos a zona de elaboración e puidemos despalillar unhas poucas uvas, sacarlle o zume e probalo recén exprimido. Foi moi divertido e o mosto recén feito estaba moi doce.

Gracias, gustounos moito!!!

 

Mércores Outubro 05, 2016
Comezo:05/10/2016 09:00
Final:05/10/2016 14:00

As nenas e nenos de primaria da escola de Fornelos fixemos unha visita á casa de Carmen para experimentar que é iso de pisar as uvas cando se recollen para facer o zume, que despois se transforma en viño.

Foi moi divertido!!!

 

Xoves Outubro 06, 2016
Comezo:06/10/2016 09:00
Final:06/10/2016 14:00

As nenas e nenos de primaria da escola de Fornelos fomos visitar a adega Lagar de Cervera. Alí aprendimos todo o proceso de fabricación do viño: as vides, a recolleita da uva (vendima), o zume, a fermentación nos depósitos...

Estivo xenial!!!

 

Martes Outubro 11, 2016
Comezo:11/10/2016 09:00
Final:11/10/2016 14:00

As nenas e nenos de primaria de todo o CRA saímos ata os baixos do Concello do Rosal para ver unha exposición sobre aparellos relacionados coa auga e, na plaza do Calvario, outra exposición sobre a reciclaxe.

Estivo moi chulo e aprendimos moito!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut