Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
20
| 21
| 22
Comezo:22/06/2016 09:00
Final:22/06/2016 14:00
Fomos chegando arredor das 10. Ás 10 e cuarto comezaron a súa actuación dúas magas, Leo e Cris. Sacaron un roedor dun papel que ardía, fixeron que un cabalo branco pintado nunha tea se convertira en negro, que unha nena sacara auga do seu cóbado… e moitos trucos máis. Sacaron a Valeria e Martín.
Despois xuntámonos por escolas e xogamos ao circuíto, no que había que reptar, correr, saltar, andar ás voltas e coller un globo e metelo nun contedor. Tamén xogamos ao paracaídas, ao pano, a xogos de auga, por relevos, nos que había que enchoupar unha esponxa e baleirala nunha botella. Ata xogamos a xogos de balón montamos nos inchables.
Cando rematamos comemos o que trouxeron as familias e fomos marchando, logo de despedirnos. Ata o próximo curso!!!
| 23
| 24
| 25
| 26
|