Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Comezo:15/04/2016 09:00
Final:15/04/2016 12:00
Esther chegou cando estabamos na asemblea, pouco antes de merendar e logo de facer o traballo nos libros. Esther leunos o libro de “Abremente”, con preguntas que respondiamos. Merendamos e xogamos dentro da escola no recreo porque chovía moito. Logo estivemos facendo a ficha da reciclaxe que nos deixaron Patricia e Charo, do Concello. Despois vimos unha película sobre os libros e as bibliotecas dun home e un neno que vivían na rúa sen casa. Era “La estrella alcanzar”. Fomos recollendo todo e marchando aos poucos e a modo.
|
![Events at <em>CRA María Zambrano</em> Distribuir contido](/centros/cramariazambrano/misc/feed.png)