Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Comezo:27/11/2015 09:00
Final:27/11/2015 14:00
Día de excursión das nenas e nenos de primaria do CRA ao Museo da Navegación e á Carabela Pinta en Baiona. Tivemos un día boisimo. Xa tiñamos gañas de coñecer este museo... É que o curso pasado tivemos que anular a visita pola chuvia. Vimos a “Piolín”, un submarino que chegou dende América, movéndose coa enerxía do sol!!! Logo fomos ver a carabela “Pinta”, a de Colón. Contáronnos que foi a que chegou a Baiona en 1.493. Nela aprendimos como vivían os mariñeiros daquela época e o que levaron e trouxeron de América. Gustounos moito a saída!!! |