Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
23
| 24
Comezo:24/11/2015 09:00
Final:24/11/2015 14:00
Este día as nenas e nenos de Ed. Infantil do CRA fan unha saída a Indiana Bill, un parque de bólas situado na Ramallosa, no Concello de Nigrán. Despois dunha espectante viaxe en autobús, por fin chegamos ao noso destino. Xa con moitas gañas e cas sen poder aguantarnos deixamos as cazadoras e calzado ben colocadiño para poñelo de novo antes de marchar. E por fin... Metémonos na piscina xigante de bólas!!! Non paramos de mergullarnos e de tirarnos polos tobogáns que había. Despois, un descasiño para merendar e volta a xogar no parque de bólas... Pasámolo xenial!!!
| 25
| 26
| 27
Comezo:27/11/2015 09:00
Final:27/11/2015 14:00
Día de excursión das nenas e nenos de primaria do CRA ao Museo da Navegación e á Carabela Pinta en Baiona. Tivemos un día boisimo. Xa tiñamos gañas de coñecer este museo... É que o curso pasado tivemos que anular a visita pola chuvia. Vimos a “Piolín”, un submarino que chegou dende América, movéndose coa enerxía do sol!!! Logo fomos ver a carabela “Pinta”, a de Colón. Contáronnos que foi a que chegou a Baiona en 1.493. Nela aprendimos como vivían os mariñeiros daquela época e o que levaron e trouxeron de América. Gustounos moito a saída!!! | 28
| 29
|