Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Mércores Outubro 21, 2015
Comezo:21/10/2015 09:00
Final:21/10/2015 14:00

Saímos cedo en autobús para chegar a Vigo e fomos andando ata Naturnova.

Proxectaron un vídeo sobre as abellas. Logo dividímonos en grupos para ir a ver as diferentes actividades. Nunha sala había un submarino no que se movían os asentos arriba e abaixo. Era coma se foramos polo fondo da ría de Vigo. Aparecían peixes e algas.
Outra sala tiña planetas, estrelas e xogos do Universo. Abaixo había outra sala na que se escoitaba unha tronada e na que había un túnel. Un tren movíase coa luz. Tamén había unha lámpada que se prendía cando se movía un muíño. Había fotos de insectos e bechos. Noutro sitio cheirábanse diferentes olores.
Merendamos e fixemos un debuxo con adhesivos, inspirándonos en cadros de Kandinsky. Logo vimos unha exposición de cadros con Águeda, unha guía do Rosal.

Un día intenso e cheo de experiencias!!!

 

Xoves Outubro 29, 2015
Comezo:29/10/2015 09:00
Final:29/10/2015 14:00

As nenas e nenos do CRA imos á Biblioteca do Concello do Rosal para desfrutar dunha actividade de contacontos co motivo do Samaín.

Contáronnos o conto de “Corre, corre cabaciña” e gustounos moito. Pasámolo de medooooo!!!

 

Venres Outubro 30, 2015
Comezo:30/10/2015 09:00
Final:30/10/2015 14:00

As nenas e nenos do CRA celebramos, cadaquén na súa escola, a festa do Samaín vindo disfrazados a clase e as mestras e mestres tamén!!!

Fixemos xogos e obradoiros de medo e preparamos entre todas e todos unha merenda terrorífica: arañas, dedos sanguentos, sangue de bruxa, terra con gusanos...


Unha merenda de medooooo!!!!!

 

Xoves Novembro 05, 2015
Comezo:05/11/2015 09:00
Final:05/11/2015 12:00

As nenas e nenos de primaria do CRA asistimos a unha representación teatral de monicreques no Auditorio Municipal do Rosal xunto coas nenas e nenos do colexio da Mata.

A obra chámase “A Casa do Avó” e está representada polo grupo Tanxarina.

É unha historia sobre un avó ao que os banqueiros lle querían quitar a súa casa. Pero o seu neto, coa axuda da xente, logra evitalo.

 

Martes Novembro 10, 2015
Comezo:10/11/2015 09:00
Final:10/11/2015 14:00

Como todo os anos, as diferentes escolas reuníronse para festexar o magosto. Xuntámonos en Fornelos e pasamos un día xenial. Comezamos o día facendo xogos en grupos de diferentes idades para fomentar a cooperación e a convivencia. Xogamos co paracaídas, fixemos carreiras de sacos, lanzamos aos comecastañas…


Despois dos xogos e coa axuda dalgunhas nais e pais, asamos unhas castañas e comimos diferentes postres e comidas típicas destas datas feitos polos pais e nais… Puxémonos as botas!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut