CRA de Culleredo

horta

A colleita

Como xa remata o curso fixemos a colleita de patacas na nosa horta. Había un montón e como non podía ser menos cociñamolas na escola. Comemos patacas fritas  e cocidas. Estaban riquísimas!!!

 

Plantamos na horta

Nesta ocasión plantamos patacas, cenorias e leitugas.

 

NA HORTA

NO MES DE FEBREIRO LEVAMOS PARA CASA  OS GRELOS E AS LEITUGAS QUE PLANTAMOS NO TRIMESTRE PASADO.

 

       

NO  MES DE MARZO PLANTAMOS PATACAS  NA HORTA E NUNHA MACETA ESPECIAL PARA VER COMO MEDRAN AS SÚAS RAÍCES. TAMÉN PLANTAMOS CEBOLAS E SEMENTAMOS CENORIAS.

 

A NOSA HORTA

Pasaron os meses e o que sementamos no mes de novembro, naceu, creceu ... e o recollemos. Houbo que levou para casa os grelos, para facer e comer un delicioso caldo. Uuuuum.

A NOSA HORTA

Polo mes de outubro fixemos unha horta. Plantamos flores e tamén verduras (grelos, coles...). Tamén regamos para que medraran moito.

A qué o fixemos moi ben?

Plantamos na horta!

Este ano comezamos a plantar a horta no outono. E tamén unhas plantas na entrada da escola.

Plantamos grelos, coles, leitugas,.... agora só queda esperar a que medren!

 

Plantamos leitugas e cenorias

Como por fin deixou de chover decidimos seguir plantando na nosa horta.

A patacas e os allos que plantaramos xa están grandiños e agora plantamos leitugas e cenorias. E agora a esperar que medren moito para poder probalas!

 

Plantamos na horta!

Este ano fixemos unha pequena horta na escola.

Comezamos a nosa experiencia plantando unhas patacas e uns allos. Agora tócamos esperar que nazan e medren. Esperamos ter unha boa colleita!

 

Distribuir contido