Recibimos unha inesperada visita na escola....viñeron dous monstros! Ao principio asustáronnos un pouco porque eran bastante feos, pero despois démonos conta de que eran bos porque o único que querían era contarnos un conto moi chulo que levaba por título "A min non me comas". A historia falaba de Mateo, un neno moi valente que asustou a un monstro.
O martes 29 de outubro viñeron a escola OS TRES BANDIDOS a contarnos a súa historia. Tivemos moito meeeedo, pero a nosa profe estivo sempre con nós para protexernos.
Para esta celebración o día anterior difrutamos dun contacontos. O conto era "Por cuatro esquinitas de nada" que nos conta a historia da amistade entre uns círculos e un cuadrado, que a pesar de ser moi diferentes eran moi bos amigos.
E a partir disto, o día 30, fixemos un bonito debuxo con un círculo e un cuadrado, e aprendemos que debemos respetar aos nosos amigos e aceptalos tal e como son!