VACANTES POR ESCOLAS
INFORMACIÓN XERAL
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo na sede do CRA (Escola da Choeira) ou de xeito telemático a través do aplicativo admisionalumnado (aquí tedes un manual para que saibades como facelo). O horario de entrega das solicitudes será:
- Luns de 12:30h. a 14:00h. e de 17:00h. a 19:00h
- Martes de 12:30h a 14:00h
- Mércores de 11:30h a 13.15h
- Xoves de 11:30h a 12:30
- Venres de 13:15h. a 14:00h
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude cumprimentada (esta solicitude poderá recollerse nas escolas, descargala picando neste enlace ED550B ou na web ).
- Documento que acredite a idade do alumno ou alumna: DNI, pasaporte ou libro de familia (deberá traerse fotocopia e orixinal).
- Certificado de matrícula (no caso de estar matriculado noutro centro).
- Certificado de empadroamento municipal.
- Certificacións oficiais doutras circunstancias:
- Documentación acreditativa do alumnado con necesidades educativas especiais.
- Convenio regulador en caso de separación dos proxenitores.
- Informe dos servizos sociais en caso de situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.
- É posible autorizar na solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto da renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Deste xeito non haberá que xustificalo documentalmente.
LEXISLACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN:
Decreto 132/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 132/2022.