CRA de Culleredo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25

VACANTES POR ESCOLAS

 

 INFORMACIÓN XERAL

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo na sede do CRA (Escola da Choeira) ou de xeito telemático a través do aplicativo admisionalumnado (aquí tedes un manual para que saibades como facelo). O horario de entrega das solicitudes será:

  • Luns de 12:30h. a 14:00h. e de 17:00h. a 19:00h
  • Martes de 12:30h a 14:00h
  • Mércores de 11:30h a 13.15h
  • Xoves de 11:30h a 12:30
  • Venres de 13:15h. a 14:00h

 

DOCUMENTACIÓN:

- Solicitude cumprimentada (esta solicitude poderá recollerse nas escolas, descargala picando neste enlace ED550B ou na web ).

- Documento que acredite a idade do alumno ou alumna: DNI, pasaporte ou libro de familia (deberá traerse fotocopia e orixinal).

- Certificado de matrícula (no caso de estar matriculado noutro centro).

- Certificado de empadroamento municipal.

- Certificacións oficiais doutras circunstancias:

  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades educativas especiais.
  • Convenio regulador en caso de separación dos proxenitores.
  • Informe dos servizos sociais en caso de situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.
  • É posible autorizar na solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto da renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Deste xeito non haberá que xustificalo documentalmente.

 

 

LEXISLACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN:

Decreto 132/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 132/2022.