Skip to Content

SAÍMOS DE ANDAINA !!

   Con moita emoción, o xoves 20 de maio, fixemos unha camiñada dende Caldas de Reis ata a Azucreira de Portas.

   Fomos as catro escolas do CRA, o centro ao completo, pero coa distancia pertinente para o momento: ante todo, seguridade.

   O percorrido pola Vía Verde, antiga vía do tren, foi de 2 km aproximadamente e moi levadeiro, con bo ritmo e gozando da paixase e do aire fresco. Unha liberación despois de tantos meses de encerro e individualismo.

   Unha vez alá, tocaba merendar para repoñer forzas para logo empezar cos xogos que tiñamos preparados: relevos, carreiras de sacos, as casiñas, quitar o rabo ao raposo, o paracaídas,...

   Tamén tivemos tempo para xogo libre no parque e na herba recén cortada. En definitiva, que o pasamos XENIAL !!!!

 Mirade o video e o comprobaredes!!



page | by Dr. Radut