Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Día do medio ambiente. Convivencia na Casa do Pozo.

O 7 de xuño estades todos e todas convidados a vir ver as diferentes actividades. Pasarémolo en grande!!!

 

Axudas para libros de texto e material escolar Educación Primaria 2023-24

Estimadas familias 

O día 19 de maio foi publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en centros públicos para o curso 2023-24. As solicitudes poden ser entregadas até o 21 de xuño. 

Para facer a solicitude teredes que acudir á aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requiridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. 

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Copias deste documento e dos formularios de solicitude estarán dispoñibles nas respectivas escolas. 

Importante: o alumnado que o vindeiro curso pase a un novo centro, terá que entregar a solicitude nese centro. 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición nos teléfonos: 881885502 / 687769635 (Secretaría)

AdxuntoTamaño
ANEXO I_ANEXO II.pdf1.61 MB
Información Familias 23-24.pdf318.61 KB

Ebook colaborativo: O RATIFANTE ECOLOXISTA

Con motivo da celebración do Día do Libro publicamos o noso primeiro conto dixital realizado por todo o alumnado do CRA A Tarandeira!
A través deste conto os nenos e nenas aprenderon valores sostibles, empregaron diferentes técnicas artísticas e tamén iniciáronse no emprego das novas ferramentas de deseño dixitais.
Gozade da súa lectura!


LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO

O CRA A Tarandeira informa que xa se pode consultar na secretaría do centro a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2023-24. Todas as solicitudes foron admitidas.

A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.

O CRA A Tarandeira é portada en El País dixital. 29-03-2023

Reportaxe do xornal El País para a nosa comunidade educativa da que estamos orgullosos e agradecidos! Grazas polo voso labor.

AdxuntoTamaño
Artigo El País 29-03-2023.pdf962.29 KB

2 Abril DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación que padece esta afección.



by Dr. Radut