A nosa aula de Guillufe

A aula de Guillufe está situada na parroquia de Morgadans do Concello de Gondomar, podedes ver a localización exacta AQUÍ

O horario da aula é de 9 a 14h de luns a venres.

Non dispón de servicio de transporte nin comedor.

A casiña da escola está formada por dous espazos interiores e un espazo exterior que é tamén parque público e que na actualidade se utilizan indistintamente ao longo da mañán. O espazo que se utiliza para os cambios de calzado e roupa se atopa integrado dentro da propia aula.