Febreiro 2019
BURBULLAS DE PAPEL
O xoves 21 de febreiro fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro Burbullas de papel. Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación do nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha fada travesa que lle axudará a conseguir o seu obxectivo, devolverlle as gañas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo.
RECOLLIDA DE PILAS
O día 5 de febreiro viñeron a recoller as pilas do concurso Pilabot. Moitas grazas a todas as familias pola vosa implicación e colaboración. Sen todos vos esto non sería posible.
Xuntamos 8 bidóns cun total de 802,7 Kg
Ademais a nosa alumna Nerea López de Francelos acadou o terceiro premio do Concurso de fotografía creativa #eusonpilabot.
Pincha na foto para ver todos os gañadores.
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
Aquí vos quedan as fotos do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 9 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ao Concello de Pereiro de Aguiar, no que participou Naiara, da escola de Francelos.
Video Promocional do C.R.A. Amencer
Estas Buscando escola para @s nen@s? mira mais aló e #ELIXEAMENCER
Video Promocional do C.R.A. Amencer
Estas Buscando escola para @s nen@s? mira mais aló e #ELIXEAMENCER