COLABORADORES/AS PARA O COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/24
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA COLABORAR NO COMEDOR ESCOLAR ATA O 1 DE SETEMBRO. DOCUMENTACIÓN DISPOÑIBLE NA NOSA WEB OU NA SECRETARÍA DO CENTRO, DE 10:00 A 13:30 HORAS.
PRAZOS FONDOLIBROS CURSO 2023/24
Publicación Listaxe Provisional (LIBROS): 11 de xullo
Reclamacións: 12 e 13 de xullo
Publicación Listaxe Definitiva (LIBROS): 14 de xullo
Recollida Vales Material: dende o 10 ata o 17 de xullo
Estas listaxes estarán expostas no taboleiro no edificio de dirección, nos plazos establecidos.
HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO
10:00-13:30 HORAS
A MULLER RURAL XA ESTÁ NO MUSEO DE SAN PAIO DE NARLA
Como anunciáramos, os traballos e materiais das familias en relación A muller rural xa están no Museo San Paio de Narla!
O Vídeo e exposición listos para gozar en familia!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración! E un agradecemento especial a sanpaionarla@museolugo.org por abrirnos as portas da súa fortaleza!Entrada gratuita. #cpicospeito #biblioceipvirxedocorpiño #bescolaresgal #museosanpaiodenarla
https://www.instagram.com/p/CtPc9poLgdV/?igshid=NjZiM2M3MzIxNA==
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. 2023-2024
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
A quen vai dirixido?
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Prazo
Prazo de presentación: ABERTO
22/05/2023 - 21/06/2023
Documentación para a presentación:
* Presentar unha única solicitude (aínda que sexan 2 ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro). ANEXO I
* ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).Asinado por todos os membros da unidade familiar.
* No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, ainda que estean no mesmo centro.
* Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar
* No caso de que o pai/nai ou titores ou titores legais carezan de DNI: certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais onde resida a familia.
* En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
ACHEGAMOS O ANEXO I E II PARA DESCARGAR (ao final da páxina) 2 ADXUNTOS
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ED330B (anexo I e anexo II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O PRAZO REMATA O 21 DE XUÑO.
Horario do centro para as solicitudes: 09:30 a 14:30h.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »