POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2024-2025
Os postos escolares ofertados para o curso 2024 / 2025 son os seguintes:
ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024/2025
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN:
SOLICITUDE
Presentaraseunha única solicitude de admisión na administración do centro. Impreso de solicitude: ANEXO II. Pódese descargar aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisionalumnado.
* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
1. Fotocopias do libro de familia completo.
2. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudosnoutro centro educativo). O alumnado de gardaría non ten que presentar ningún certificado.
3. Informe médico.
4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.
5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.
6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.
7. Tres fotografías tamaño carné.
8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicialou divorcio, de ser o caso.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidancorresponderlle.
- A solicitude deberá ser asinada polos dous titulares da patria potestade. Será preciso a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestadelle fose atribuída a un deles exclusivamente).
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
NECESIDADE DE BAREMACIÓN
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintesao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.
ENTROIDO
UN ANO MÁIS IMOS COMEZAR O ENTROIDO COS MANDADOS DO MECO, QUE SERÁN DENDE O LUNS 5 DE FEBREIRO AO XOVES 8 DE FEBREIRO, E NON SON ACUMULATIVOS, CADA DÍA TRAERASE O QUE MANDA O NOSO MECO.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »