Skip to Content

Secretaría

Apertura prazo admisión novo alumnado curso 2022-2023

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

NOVO ALUMNADO

CURSO 2022/2023

 

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O NOVO ALUMNADO COMEZA O MARTES 1 DE MARZO E REMATA O LUNS 21 DE MARZO DE 2022.

Vacantes curso 2022-2023

Proceso de admisión de alumnado de nova incorporación

 

VACANTES CURSO        2022-2023

 

Listaxe definitiva de alumnado admitido procedente de centros adscritos para o curso 2022-2023

Todo o alumnado que solicitou reserva de praza dende o CRA de Vilaboa, e dende o CEP Plurilingüe de Riomaior foi admitido.

Os prazos previstos para formalizar a matrícula para o curso 2022-2023 son:

PRIMARIA: Do 20 de xuño ata ó 30 de xuño de 2022

Vacantes curso 2021-2022

Proceso de admisión de alumnado

de nova incorporación

 

Oferta de vacantes curso 2021/2022

Axudas máscaras alumnado

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

NOTA: O alumnado beneficiario do vale do material escolar no curso 2020/2021 xa ten concedida esta axuda de xeito automático e non ten que facer ningunha solicitude.

 

 

Si ten que presentar solicitude: O alumnado de Primaria ou ESO que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% 

 

A forma de presentación da solicitude será unicamente de forma presencial na Secretaría do centro.

 Prazo:  Do 16 ao 27 de novembro de 2020 (ambos inclusive). 

 

 

Achegamos a orde do DOG e os anexos da solicitude.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2020-2021 foi admitido.

 

Poden consultar a listaxe no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace  (Solicitudes>As Miñas Solicitudes  e vendo o estado da solicitude a través do menú Solicitudes>Admisión>Recuperar).

 

Vilaboa, 16 de xuño de 2020.

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021

Enlace

Libros de texto Primaria e ESO curso 2019-20

Relación de libros de texto de Primaria e ESO para o vindeiro curso 2019-20.

Impresos de matrícula ESO curso 2019-2020

VACANTES 2019-20

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

Hai que achegar a seguinte documentación:

2 Fotos tamaño carné.

Fotocopia tarxeta sanitaria.

Fotocopia libro de familia (só da páxina onde figure o nacemento do alumno/a).

Volante de empadroamento. 

No caso de divorcio ou separación, fotocopia da sentenza e convenio regulador (salvo que xa se achegara coa solicitude da axuda de libros).

Traer cuberto o Anexo III-1 que poden descargar premendo: ANEXO III-1

Traer cuberto o cuestionario de transporte escolar que poden descargar no ficheiro adxunto.

 

MATRÍCULA 1º ESO ALUMNADO PROCEDENTE DO CEIP PLURILINGÜE RIOMAIOR

Hai que achegar a seguinte documentación:

1 Foto tamaño carné.

Fotocopia tarxeta sanitaria.

Fotocopia libro de familia (só da páxina onde figure o nacemento do alumno/a).

Volante de empadroamento.

No caso de divorcio ou separación, fotocopia da sentenza e convenio regulador (salvo que xa se achegara coa solicitude da axuda de libros).

Traer cuberto o impreso de matrícula que poden descargar premendo: Impreso matrícula

Traer cuberto o cuestionario de transporte escolar que poden descargar no ficheiro adxunto.

Traer cuberto o impreso de autorización de cesión de imaxe que poden descargar no ficheiro adxunto.

 

Libros de texto Primaria e ESO curso 2018-19

Relación de libros de texto de Primaria e ESO para o vindeiro curso 2018-19.

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut