Skip to Content

Videoconferencia con Rosa Aneiros


O día 30 de abril estivo con nós por videoconferencia a escritora Rosa Aneiros. Estivo desde a súa casa, contándonos como foi o proceso de elaboración do libro "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", no que trata o tema da migración en patera e os campos de refuxiados. Logo houbo unha rolda de intervencións na que o alumnado aproveitou para preguntar dúbidas e cuestións diversas. 
Resultou moi interesante e foi a primeira ocasión na que todo o alumnado xunto participou nunha charla por videoconferencia. 

Calendario da convocatoria extraordinaria de maio de recuperación de materias pendentes do curso pasado

Inauguración da Biblioteca do Toural!

Por fin estrenamos a nova Biblioteca do Toural

Moitas gracias a toda a comunidade educativa que colaborou moi activamente na posta en marcha desta biblioteca.

Agora, a disfrutala!

Os Bolechas no Toural

Os nenos de infantil e primaria saen na televisión!

Día de Rosalía; 24 de febreiro

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, agradece a participación do alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria nas actividades de recitado e ilustración de diversos poemas de Rosalía na conmemoración do seu día.

 

 

 

Conmemoración polo Día Internacional da non violencia

Rosa Parks no día internacional da non violencia

O CPI do Toural, dende o equipo de actividades complementarias, conmemorou o día internacional da non violencia homenaxeando á gran Rosa Parks.

Premede no vídeo para saber por que foi tan importante e como o alumnado do Toural a traballou.

 

Vacantes curso 2021-2022

Proceso de admisión de alumnado

de nova incorporación

 

Oferta de vacantes curso 2021/2022

Esopías

Dende a equipa de Normalización lingüística, deixovós os ficheiros para todas e todos que queirades participar no concurso de esopías. 

 


 

VOLVER A CASA POR NADAL

CELEBRANDO O 25 DE NOVEMBRO

 

NORABOA SANAA

A vosa excompañeira Sanaa Aboufaris Ouahlim foi unha das persoas galardonadas cun dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria  ao rendemento académico do curso 2019/2020.

Noraboa Sanaa !!!

 Noticia aparecida no xornal (preme sobre o enlace para ler)

"El país" o domingo 29 de novembro

 

 

 

 

Axudas máscaras alumnado

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

NOTA: O alumnado beneficiario do vale do material escolar no curso 2020/2021 xa ten concedida esta axuda de xeito automático e non ten que facer ningunha solicitude.

 

 

Si ten que presentar solicitude: O alumnado de Primaria ou ESO que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% 

 

A forma de presentación da solicitude será unicamente de forma presencial na Secretaría do centro.

 Prazo:  Do 16 ao 27 de novembro de 2020 (ambos inclusive). 

 

 

Achegamos a orde do DOG e os anexos da solicitude.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

CONCURSO DE MICRORRELATOS

Convócase o II concurso de microrrelatos de outono.

NOVAS PARA AS FAMILIAS NO INICIO DO CURSO 2020/2021

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2020-2021 foi admitido.

 

Poden consultar a listaxe no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace  (Solicitudes>As Miñas Solicitudes  e vendo o estado da solicitude a través do menú Solicitudes>Admisión>Recuperar).

 

Vilaboa, 16 de xuño de 2020.

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut