Skip to Content

Vídeo do apadriñamento lector!!

Aquí temos o vídeo da actividade lectora realizada o pasado luns 23 de abril co alumnado de infantil e primaria. Caanto lemooos!
 

Actividades de formación en linguas estranxeiras alumnado 2018

Listaxes provisionais correspondentes ao disposto no artigo 16.3 da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG do 7/02/2018) 

 

Marta Cabaleiro

O alumnado de infantil e primaria estamos facendo un proxecto en plástica de pintoras galegas. Coñecemos a súa vida e obra, eleximos un cadro por ciclos e facemolo na aula.Traballamos con Mª Antonia Dans, Carmela Taboada, Marta Cabaleiro e agora empezamos Maruxa Mallo. O día 11 de abril visitounos Marta Cabaleiro, facendo un taller co alumnado no cal pintaron un cadro conxuntamente co seu estilo, o puntillismo.

María Canosa

 O venres 20 de abril a escritora María Canosa visitou o noso cole para falarnos dos seus libros: "O día que choveu do revés", lérono os de 1º e 2º de primaria, "Rubicundo" os de 3º e 4º e "Muriel" os de 5º e 6º de primaria. Ademais veu os nosos traballos e firmou un por un. Gustounos moito a súa visita!

Excursión 4º

O alumnado de 3º e 4º de Primaria foi ao teatro Afundacion ver un escpectáculo de música tradicional titulado "Na percura do tesouro", organizado  polos  gaiteiros de Xistra. Gustoulles moito e despois fomos ao parque merendar.

DOAZÓN DE PELO A PROL DA ASOCIACIÓN ADICAM

Premendo neste enlace accedemos ao diario de pontevedra. Nel vemos a recollida de pelo que tivo lugar no CPI Toural o día 9 de abril. 

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/colegio...

 

POESÍA NO TOURAL

O  23 de marzo, para despedir o trimestre, celebramos o día da poesía , cun recital poético musical, onde demos cabida a diferentes poetas de diferentes linguas que se estudan ou falan no noso centro. A biblioteca encheuse de versos neste día tan especial.

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1608309859251529&id=1300240483391803

 

     PREME NA FOTO

ESCOLAS UNESCO

A primeiro de mes o alumnado de 4º de primaria fomos á xuntanza de escolas Unesco en Pontevedra. Participamos nun concerto inaugural, faláronnos dos traballos feitos nos distintos centros e participamos en obradoiros de música, radio, deporte para a paz...etc.Ao final déronnos un diploma por participar e fixemos foto de grupo.

Saída 3º ESO - "Pergamiño Vindel e CIFP Manuel Antonio

Antes de iniciar a viaxe de volta a Nova Iorque, conseguimos visitar e ver un anaco da nosa historia, algo do que non poden presumir moitas culturas: o Pergamiño Vindel, un manuscrito do século XIII que recolle sete cantigas de Martín Codax. Logo de velo e sabermos algo máis de como foi feito, visitamos o resto do Museo do Mar de Vigo e a súa exposicion permanente.

E para comer achegámonos o CIFP Manuel Antonio onde o alumnado do Ciclo Superior de Hosteleria cociñaron e serviron un menú exquisito. Ademais, o alumnado do CPI O Toural recibiu unha charla orientativa sobre ciclos formativos de cara a reflexionar sobre as súas futuras saídas profesionais.

 

BECAS DE INGLÉS

Asunto: convocatoria 2018 de actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado da ESO e Bacharelato.

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo.

 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

Vídeo do entroido!

Pasádeo xenial gozando do vídeo recordo do entroido no Toural!

O ENTROIDO

Saída infantil ao teatro

O luns 5 de febreiro os nenos e nenas de infantil tiveron unha saída didáctica ao teatro. Podedes ver algunha foto pinchando AQUÍ

As mellores crepes da Bretaña no Toural

    PREME NA FOTO

DÍA DOS HUMEDAIS. COÑECEMOS A FLORA E FAUNA DAS SALINAS DO ULLÓ

DÍA DA PAZ

Charla: " Alimentación e cerebro ". Departamento de Bioloxía

    O pasado 27 de novembro, o alumnado de 3º ESO, asistíu a unha interesante charla sobre a alimentación e o cerebro, impartida por Carlos Spuch Calvar, doutor en bioloxía e investigador senior do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur. Actualmente traballa no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

    Na conferencia tratouse de como a alimentación é capaz de afectar ao desenrolo do noso cerebro, como funciona o sistema intestino-cerebro e explicáronse algúns mitos sobre a alimentación dende o punto de vista científico.

    Os alumn@s estiveron moi atentos e participativos, polo que esperamos que volva pronto ao noso centro.

 

PREME NA IMAXE

O vídeo do Nadal xa está preparado!

 

 

 

O magosto

 

Samaín 2017

Aquí deixamos un pequeno recopilatorio do que fixeron os especialistas de inglés co alumnado de primaria neste Samaín.

Que medoo!

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut