Charla: " Alimentación e cerebro ". Departamento de Bioloxía
O pasado 27 de novembro, o alumnado de 3º ESO, asistíu a unha interesante charla sobre a alimentación e o cerebro, impartida por Carlos Spuch Calvar, doutor en bioloxía e investigador senior do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur. Actualmente traballa no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Na conferencia tratouse de como a alimentación é capaz de afectar ao desenrolo do noso cerebro, como funciona o sistema intestino-cerebro e explicáronse algúns mitos sobre a alimentación dende o punto de vista científico.
Os alumn@s estiveron moi atentos e participativos, polo que esperamos que volva pronto ao noso centro.