Skip to Content

BENVIDOS AO TOURAL

O pasado venres, 3 de xuño, recibimos no Toural ós nenos e nenas das escolas de Paredes, Figueirido e Bértola do Cra de Vilaboa Consuelo González Martínez.
Nesta xornada de convivencia, pretendemos que se estreiten os lazos entre todos/as os que este ano cursan 6º de Infantil, e que serán compañeiros/as o vindeiro curso 2011-2012 en 1º de Primaria.
Ensinámoslle o noso centro, coa axuda de dúas "guías" estupendas: Andrea e Asya, as irmáns de Ainhoa e Aimen da escola de Paredes. Compartimos unha merendiña todos xuntos, e logo realizamos uns xogos cooperativos que axudaron a coñecernos e a desexar vernos de novo, todos en setembro. Esperámosvos. Feliz verán.



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

page | by Dr. Radut