Skip to Content

Complementarias

PREMIO "VALORES DE FUTURO"

O noso centro resultou gañador do Premio Valores de Futuro para Galicia, un certame organizado polo BBVA.

Os organizadores valoraron positivamente o traballo denominado " Red Hand Day", que se desenvolveu fundamentalmente con alumnos/as de primeiro da ESO.

O seu obxectivo é concienciar sobre o traballo infantil e os dereitos do neno cunha proposta que reflectía a situación dos nenos da guerra e que procura estender a reflexión sobre a difícil realidade destes nenos a todo o centro escolar.

Como premio, o centro representará a Galicia na final estatal, que terá lugar o 24 de maio. 

 

Valores de Futuro

FESTIVAL

ORDE DE ACTUACIÓNS:

1º PARTE:
2º Infantil: Contradanza
1º Primaria: Canción "A primavera"
2º Primaria: Danza "The oil of barley"
3º Primaria: Dramatización: "A mañán e a subida do rei da montaña" de Peer Gynt
4º Primaria: Danza tradicional xaponesa: "Ame fure"
5º Primaria: Baile musical con: "Grease", "Danza kduro", "Mamma mia" e "Follow the leader" 
6º Primaria: Obra de teatro: "O rato luar" (de Borja Filgueira e David Arosa, alumnos de 6º)
Entrega do premio á gañadora do concurso da mascota da biblioteca: Sara Cortegoso

BENVIDOS AO TOURAL

O mércores, día 15 de xuño, os alumnos/as de 6º de Primaria do CEP de Riomaior achegáronse aoToural para compartir gran parte da xornada escolar con alumnos/as que serán os seus compañeiros/as para o vindeiro curso en 1º da ESO.

Coñeceron algúns profesores, as aulas específicas do centro e compartiron merenda e tempo de recreo. Pola tarde houbo unha xornada de portas abertas para que tamén os pais e nais coñecesen o centro onde estudarán os seus fillos/as en cursos sucesivos.

UN DÍA PARA REFLEXIONAR, 365 DÍAS PARA ACTUAR

  
 
   
O día 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para nós o día do medio ambiente son todos os días do ano. Non esquezas os teus compromisos.

 

BENVIDOS AO TOURAL

O pasado venres, 3 de xuño, recibimos no Toural ós nenos e nenas das escolas de Paredes, Figueirido e Bértola do Cra de Vilaboa Consuelo González Martínez.
Nesta xornada de convivencia, pretendemos que se estreiten os lazos entre todos/as os que este ano cursan 6º de Infantil, e que serán compañeiros/as o vindeiro curso 2011-2012 en 1º de Primaria.
Ensinámoslle o noso centro, coa axuda de dúas "guías" estupendas: Andrea e Asya, as irmáns de Ainhoa e Aimen da escola de Paredes. Compartimos unha merendiña todos xuntos, e logo realizamos uns xogos cooperativos que axudaron a coñecernos e a desexar vernos de novo, todos en setembro. Esperámosvos. Feliz verán.

REXENERACIÓN DAS SALINAS DO ULLÓ

Veciños/as e alumnos/as de Vilaboa participaron o sábado día 30 de abril lanzando as 10.000 bólas de arxila ás Salinas do Ulló.
Os microorganismos que levan estas bólas tentarán rexenerar os fangos deste espazo natural.


PREME NESTE ENLACE PARA VER AS FOTOS.

RESTAURACIÓN MEDIOAMBIENTAL DOS FONDOS DAS SALINAS DE VILABOA

Durante os días 4 e 5 de abril o noso centro participou neste proxecto acudindo primeiro á charla explicativa dada polo persoal da empresa contratada e posteriormente elaborando unha parte das 10000 bólas de arxila con EM- Dango.
Que é EM- Dango?
É unha mestura de fermentos, bacterias vermellas non de xofre e bacterias de ácido láctico.
Todo esto actúa sobre o lodo convertendo a materia orgánica en minerais e así rexenerar o medio.
Este proxecto finalizará o día 30 de abril ás 10 h co lanzamento de bólas EM Dango na zona das Salinas. Preténdese recuperar 5000 metros cadrados aproximadamente.
Quedades todos convidados ese día!!
Vémonos o 30 de abril ás 10 h!!

 
VER MÁIS FOTOS

UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDA

 

                                                                                                                                                         EDL

CONVIVENCIA FIN DE CURSO 2009>>2010

Os alumnos/as  e profesores/as de Infantil e Primaria pasaron xuntos o último día de clase.

A convivencia comezou no centro coa final do campionato de futbito. Continuou cunha visita guíada ao Castelo de Soutomaior. Logo compartiron comida e relax no Lago Castiñeiras ao tempo que coñecian este entorno. Os de 6º tamén visitaron a Aula de Natureza.

FIN DE CURSO 2010

  

 

Concerto  

 1. Carros de Fuego. (Vangelis) 4º ESO

2. Y.M.C.A. (The Village People) 4º ESO

3. O son do ar (Luar na Lubre) 2º+3º+4º ESO

4. Danza renacentista. 2º ESO

5. Los animales de dos en dos (Luar na Lubre) 2º ESO

6. Los chicos del coro. Instrumental e vocal (BSO) 2º ESO

7. El Rey León. (BSO) 3º ESO

8. Muiñeira. Grupo de Baile tradicional. 2º+3º ESO (Alferdo 1º ESO)

 9. Entrega de Premios do Concurso The Big Challenge. (1º e 2º ESO) 

CREANDO CONCIENCIA

 

Reflexións:                                                                                       VER TRABALLOS DE ALUMNOS

Vivimos nun Planeta  fermoso.

Pero, que facemos por el?

E agora, que lle dicimos a Natureza? Como o podemos solucionar?

REFORMAR O PENSAMENTO E CAMBIAR DE HÁBITOS.

Enlace ao Blog BIODIVERSIDADE

RECURSOS na rede para a elaboración dos TRABALLOS propostos.

Ver album de fotos das ILLAS GALÁPAGOS sacadas en vivo e en directo pola profesora de Educación Física.

DISFRUTAMOS DO TEATRO !

Os nen@s de Infantil e de 1º de Primaria, asistimos ao auditorio de caixanova para disfrutar da representación:

Gordiño é un verme de seda. El aínda non sabe que algún día chegará a voar e iso é o que máis desexa. Desde a súa folla coñecerá á fermosa bolboreta que bebe nas flores, á simpática xoaniña Lola, que canta e baila flamenco, á sabia chicharra que está aprendendo a tocar a guitarra, ao traballador escaravello peloteiro coa súa gran bola de caca e ás presumidas orugas e o seu oruguiño. Con estes personaxes fará o camiño que o levará a conseguir o seu soño: VOAR:

          

 

SAÍDA DA ÁREA DE LINGUA FRANCESA

O mércores, 27 de xaneiro, os/as alumno/as da E.S.O. do C.P.I. O Toural que cursan Fracés Lingua Extranxeira realizaron unha saída ao Teatro Principal de Pontevedra onde se representaba a obra " O médico a palos "- " Le médicin malgré lui " do célebre autor Moliére. Esta comedia clásica da literatura francesa representábase básicamente en lingua francesa con pequenos comentarios en castelán para facilitar a súa comprensión. Nesta peza de Molére asistimos á vinganza de Martine, esposa do leñador Sganarelle que buscando darlle un escarmento, obrigouno a facerse pasar por médico senón quere levar unha boa malleira. Unha situación inexplicable da cal saberá sacar partido... 

SAÍDA AO MARCO

O xoves, 3 de decembro, o primeiro cilclo de primaria, realizamos unha saída didáctica ao Museo de Arte Contemporánea, en Vigo.

Vimos unha exposición de fotos de paisaxes en distintos momentos, esculturas como unha que nos chamou moito a atención, dun esqueleto dun can cunha cadea; fotos de escuma, moi bonitas e un cadro de fotos con imaxes de excrementos de gaivota, que facían debuxos curiosos ¡ foi moi interesante !

 Despois fixemos, por grupos, uns obradoiros de pintura en acetatos, que nos gustou moito, ao rematar proxectaron as nosas obras na parede e déronnalas. Foi moi divertido e pasámolo moi ben.

VER IMAXES

VISITA Á PSA PEUGEOT CITROËN - VIGO

 O luns día 11 de Xaneiro de 2010 fixemos unha excursión cos alumnos de 3º ESO e algúns do CIPI (mecánica) á PSA Peugeot Citroën de Vigo.

A visita empezou ás 10 h cunha charla sobre a fábrica: historia, actualidade, etc. Equipáronnos, como medida de seguridade, cunha bata, un chaleco, protectores para os pés e gafas.

Vimos, guiados por dúas persoas, as seguintes seccións:

Embutición: Inicio de todo o proceso, a chapa enrolada en bobinas de aceiro e transformada mediante prensas nas distintas partes da carrocería.

-Ferraxe: Ensamblado mediante soldadura por puntos eléctricos feitos con robots.

-Montaxe: É a parte onde traballa a maior parte do persoal aínda que tamén está automatizada. É moi repetitiva e rutinaria. Desta parte sae o automóbil terminado: sillería, rodas, motor, electricidade, cristais, últimos detalles...

A única parte importante que non se visita é a de pintura xa que se require outro tipo de vestimenta, etc.

Dixéronnos que traballan o redor de 10 000 persoas en 3 turnos e que na actualidade fabrican sobre 1 900 coches/día, dos cales o 12 0/0 vai ao mercado nacional e o 88 0/0 vai ao resto do mundo.

 

VISITA A SANTIAGO

Os alumnos de 2º e 3º de ESO estiveron no Parlamento Galego onde lles ensinaron as instalacións e lles explicaron as principais tarefas que alí se levan a cabo. 

A continuación visitaron as salas do Museo do Pobo Galego observando as distintas mostras ( sobre o mar, o campo, os oficios tradicionais, a roupa, a música, a sociedade...) que definen a cultura e tradición galega e o seu desenvolvemento desde tempos antigos ata a actualidade.

Remataron o percorrido por Santiago admirando unha gran xoia da arquitectura románica, a catedral.

EXPOSICIÓN

Os alumnos de 3º e 4º de ESO desprazáronse a Vigo a ver unha mostra sobre: "Historia da Construción Naval en Galicia. Historias de traballo e lecer.

Destaca a mostra pola súa riqueza fotográfica (tanto actual como histórica), como polas espectaculares maquetas que os asteleiros cederon á Exposición.

É a primeira vez que se leva a cabo un proxecto dunha mostra do Naval de Galicia, tan específica e concreta.

CHARLA

   USO DE INTERNET

Persoal especializado da Comandancia da Garda Civil de Poio achegouse ao noso centro  para falarlles aos alumnos/as de 3º e 4º de ESO sobre o Uso de Internert.

Ofrecéronlles aos adolescentes pautas e consellos adecuados para que adquiran boas prácticas e poidan realizar un uso seguro e responsable de Internet e así minimizar riscos e consecuencias derivadas da utilización inadecuada da tecnoloxía.

VISITA Á ZONA MONUMENTAL

                           

Visita dos alumnos/as de 2º da ESO á Zona Monumental de Pontevedra, acompañados por dúas profesoras xunto con Dona Pepi Clavijo, ex profesora de Toural, que actúou de guía.

Percorremos as distintas rúas da cidade, coñecemos as súas historias e visitamos os monumentos máis emblemáticos.

Foi unha visita didáctica, divertida e moi emotiva. A profesora Pepi Clavijo agasallounos, para a biblioteca do Centro, co último libro escrito por ela " Las calles de Pontevedra".

Rematamos na praza da Pedreira, onde Pepi nos deleitou lendo a poesía " Canto a Pontevedra ", (remate do libro) con toda a expresividade, que só ela sabe.

Agradecémoslle con moito agarimo as súas atencións e a súa companía.

ÓPERA

   Divertida Ópera Infantil que achega ao mundo da música, especialmente da ópera, aos nosos alumnos de Primaria e Secundaria.

 Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut