|
21 vistasNos cogomelos fórmanse as "esporas", é dicir, as "células encargadas da reproducción".
|
|
20 vistasAlgúns fungos teñen unha parte aérea visible, chamada "cogomelo", que é o "aparato reproductor" do fungo e aparece temporalmente, cando o fungo se vai a reproducir.
|
|
18 vistasOs fungos "pluricelulares" están formados por uns filamentos de células chamadas hifas. O conxunto de hifas chámase micelio.
|
|
21 vistasPolo tanto os fungos son "descompoñedores", transforman os restos de seres vivos en materia inorgánica, útil para as plantas.
|
|
18 vistasEste labor de "reciclaxe" forma chan fértil e "limpa" o bosque. Sen a súa acción este estaría invadido por pólas, follas e animais mortos.
|
|
24 vistasSon "heterótrofos" e aliméntanse da materia orgánica procedente doutros seres ou dos seus restos. Para iso, segregan unhas substancias que descompoñen o alimento no exterior do fungo e, posteriormente absórbeno.
|
|
29 vistasOs fungos viven aferrados ao chan en prados húmidos e umbríos, entre follasca do monte, sobre troncos de árbores, moreas de esterco, etc.
|
|
17 vistasConstitúen un "alimento excelente",aínda que hai que ter moito coidado ao colleitalos, pois algúns son moi velenosos e pódense confundir cos comestibles.
|
|
8 ficheiros en 1 páxina(s) |
|