Skip to Content

RESULTADOS DA CONSULTA A PAIS E NAIS E ALUMNADO SOBRE O POSIBLE CAMBIO DE HORARIO CARA Ó VINDEIRO CURSO

Os resultados obtidos foron os seguintes:

ALUMNADO

Opción A, prefiren continuar co actual horario: 66

Opción B, prefiren o novo horario proposto: 91

En branco: 3

 

PAIS E NAIS

Opción A, prefiren continuar co actual horario: 20

Opción B, prefiren o novo horario proposto: 107

Na vindeira semana pronunciaránse respecto a este tema o sector profesorado e o Consello escolar do centro. 

Continuaremos a informar sobre este tema

O día das letras galegas 2014. Xosé María Díaz Castro

Recomendamos as seguintes páxinas web para utilizar nas aulas como ferramenta de traballo cara o día das letras galegas do 2014 adicado a Xosé María Díaz Castro.

 

 A lus do mundo. feito polos alumnos do instituto de Guitirriz Diaz Castro

www.youtube.com/watch?v=ij_so2elqsw

Video do autor homenaxeado Xosé María Díaz castro

http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/xose-maria-diaz-castro_2014

Poema Penelope cantado polo grupo A Quenlla

www.youtube.com/watch?v=KybhJzTCEsE

Votación dos pais e nais para o posible cambio de horario cara ó vindeiro curso

27/03/2014 10:00
27/03/2014 20:00
Atlantic/Bermuda

Dende ás 10:00 ás 20:00 os pais e nais poderán votar o posible cambio de horario. No arquivo adxunto tedes a circular da convocatoria.

XA TEMOS LOGOTIPO OFICIAL E MASCOTA DO CENTRO

No día de hoxe o xurado elixiu o logotipo oficial do centro e como "accesit" a mascota, ambas, creacións de Manolo Rey.

 O logotipo podedes velo na parte superior esquerda desta páxina.

A mascota:

 

 

Imaxe de biblioip

MARCOS CALVEIRO FALA DOS SEUS LIBROS

O próximo luns contaremos coa presenza do escritor Marcos Calveiro, que nos falará de dúas das súas obras. Os alumnos de quinto, sexto e primeiro da ESO asistirán a un coloquio sobre a obra Palabras de auga. A continuaciòn o escritor falará cos alumnos de segundo e terceiro da ESO sobre a obra O pintor do sombreiro de malvas.

Para saber máis da súa creación literaria consultade esta guía:

 

Excursión a Ferrol de 3º e 4º de primaria

14/03/2014 10:08
Atlantic/Bermuda

O venres 14 de Marzo, os grupos de 3º e 4º de primaria asistirán a unha representación teatral en Ferrol e visitarán  Aquaciencia.

Semana da froita do plan FOGGA

17/03/2014 10:05
Atlantic/Bermuda

Esta semana, do 17 ó 21 de Marzo, temos reparto de froita gratuíto dentro do plan de alimentación saúdable do centro e coa subvención do FOGGA, a actuación forma parte do plan PROXECTA Aliméntate Ben.

 

Charla do escritor galego Marcos Calveiro

17/03/2014 11:15
Atlantic/Bermuda

O vindeiro luns 17 de Marzo, o escritor Marcos Calveiro compartirá unha xornada con nós.

Hora: 11:10

Grupos asistentes: 5º primaria, 1º, 2º e 3º da ESO

Lugar: Casa da Cultura

Consultade organización polo miúdo na sala de profesores

PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO POR LIBRE

Xa saiu a convocatoria deste ano que regula as probas que dan acceso por libre a modulos formativos de grao medio. Consulta a páxina da consellería onde atoparas toda a información ao respecto facendo clic aquí.

Neste outro enlace atoparás concretamente todo o referente á convocatoria deste ano.

Lembra que terás que cubrir a solicitude e presentala nun centro de Ferrol con módulos formativos antes do 11 de abril. O 20 de maio comunicaranche onde farás a proba e o 4 de xuño, de 9:00 a 18:00h terás nese centro as tres probas escritas. O 13 de xuño publican as cualificacións provisionais e o 27 as definitivas.

Sorte se o intentas¡¡¡

 

RESULTADO DO CONCURSO DE ARTIGOS DE OPINIÓN

Concurso de artigos de opinión 2014

(Organizado polo EDLG)

 

Relación de premiados:

 

Carla Cibreiro Barro 4º B - Bob Marley e a Paz

Carlos Martínez Romero 4º B – A Paz.

Antón Castro Charlón 1º A – Inmigrantes na fronteira de Ceuta.

Aldara Pérez Paz 1ºB – Símbolos da Paz

Distribuir contido


by Dr. Radut