Skip to Content

Semana da froita do plan FOGGA

05/05/2014 09:08
Atlantic/Bermuda

Toda a semana reparto gratuíto de froita nos recreos.

Luns.- Laranxa

Martes.- Fresa

Mércores.- Nectarina

Xoves.- Albaricoque

Venres.- Plátano

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO-2ª EDICIÓN

Onte día 24 de Abril celebramos no colexio a 2ª edición do día da ciencia. Os nosos parabéns a todos os que o fixeron posible: aos profesores responsables dos distintos talleres polas horas extras de dedicación desinteresada; aos verdadeiros protagonistas: os alumnos encargados de explicar aos seus compañeiros as experiencias científicas, polas ganas e entusiasmo que lle botaron; ao equipo directivo pola magnífica organización do evento e por crer neste tipo de actividades; ao Concello de San Sadurniño polo continua colaboración co colexio que neste caso se plasmou na cesión dun vehículo para probar o biodiesel sintetizado no colexio a partir de aceite usado de cociña; e ao resto da comunidade educativa que participou no evento por avanzar todos nunha mesma liña, unha liña que trate de converter o colexio de San Sadurniño nun sitio onde un estea a gusto participando nese proceso tan complicado pero á vez tan bonito que é educar.

Desta volta tamén queremos agradecer a Manolo Dopico, un auténtico especialista na síntese de biodiesel caseiro, a súa presenza durante boa parte da xornada. Nun dos adxuntos o podedes ver con Lois, o Director. Gustoulle moito ver como isto do biodiesel que el empezou hai xa uns cantos anos, agora o levaron a cabo un grupo de rapaces e rapazas do colexio.

Mención especial merece tamén o noso compañeiro de Educación plástica Manolo Rey, que nos deseñou uns carteis informativos dignos da mellor exposición profesional (quen quere a Mariscal tendo a Manolo...). Comprobádeo vos mesmos na foto que introduce esta noticia.

Tamén podedes abrir os arquivos que se xuntan e teredes un resumo dalgúns momentos dunha xornada intensa pero frutífera, na que, entre outras experiencias, os de infantil nos ensinaron o máxico mundo das cores, os de primaria fixeron curiosos e espectaculares experimentos baseadas na tensión superficial da auga e os de secundaria, tan pronto nos construíron un robot como nos fabricaron biodiesel ou xabón a partir de aceite usado de cociña.

Tampouco faltou a prensa para facerse eco do evento. Aparecen reseñas na Voz de Galicia e no Diario de Ferrol. Aquí tedes un avance:

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/san-sadurnino-los-variados-talleres-cientificos-acaparan-protagonismo-colegio-publico/20140425000019083282.html

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO-2ª EDICIÓN

CARREIRA POPULAR: MÓVETE SANSA, CORRE E CAMIÑA

trazado carreiraCARREIRA POPULAR

O domingo 8 de xuño contamos con todos vós na I Carreira Popular do concello de San Sadurniño, organizada polo noso centro en colaboración co concello. 

REGLAMENTO en arquivo adxunto. 

Para inscribirse ir ó seguinte ENLACE . 

Animádevos a participar como EQUIPO ¡¡ Tedes a ficha para participar como equipo no arquivo adxunto

A entrenar ¡¡¡ 

3 ALUMNAS DO CPI DE SAN SADURNIÑO GAÑAN O PREMIO EMPRENDEDOR XOVEN CONVOCADO POR AJE

Noraboa polo traballo realizado e polo premio. 

Podedes ver as novas de xornal nos seguintes enlaces:

LA VOZ DE GALICIA

DIARIO DE FERROL

FACEBOOK

 

 

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 14-15

Coa apertura de unha liña nova en infantil de 3 anos e outra en 1º de primaria, todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso está admitido.

No arquivo adxunto pódese ver a listaxe de admitidos en formato pdf.

Folliña voandeira: Bibliocienciando

Celebramos o Día do Libro cunha folliña voandeira titulada "Bibliocienciando" que empezamos a repartir hoxe, Día da Ciencia no noso centro.

I PARADA FAMILIAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Xa tedes no blog da Parada Familiar de Xogos Tradicionais un vídeo con imaxes dos xogos dos que disfrutamos ese día.

Premendo na seguinte imaxes tedes acceso á entrada no blog.

 

VIAXE FIN DE CURSO 3º-4ºESO

Hoxe volven os alumnos de ESO que participaron na excursión de fin de curso a Andalucía. Xa nos contarán detalles...pero parece que o pasaron moi ben, aprenderon moitas cousas e paparon sol, sol e máis sol...que sorte¡¡¡

benvidos 

VIAXE FIN DE CURSO 3º-4ºESO

Solta de curuxas no pazo da condesa

09/04/2014 12:00
Atlantic/Bermuda

O mércores 9 de abril, o alumnado de infantil (12:00) e o alumnado de 1º da ESO (12:30) presenciarán a solta de dous exemplares de curuxa que foron rescatados o ano pasado durante a restauración do edificio do pazo e trasladadas ó centro de recuparación da fauna salvaxe en Oleiros. Os responsables do centro contaránnos a súa historia.

I PARADA FAMILIAR DO XOGOS TRADICIONAIS

       O sábado 12 de abril dende as 16,30 ata as 19,3o celebrarase no Arboreto e inmediacións do paseo do río Xubia a Primeira Parada Familiar de Xogos Tradicionais.

       Esta actividade está organizada conxuntamente pola ANPA, o Concello e mailo Colexio. O obxectivo é promocionar os xogos tradicionais ao tempo que recuperamos e conservamos a cultura popular.

       Invitamos a todos os membros da comunidade educativa a participar nos diferentes xogos que están programados. .

       Todas as novas sobre esta actividade podedes consultalas no seguinte blog:

       http://paradaxxttsansa.blogspot.com

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut