Queridas familias:
A Orde do 27 de marzo de 2020 establece as bases reguladoras das axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos de comedor escolar (os que non pagan ou pagan 1 €) centros educativos públicos xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.
De forma resumida esta orde estable o procedemento para seguir por parte das familias para solicitar unha compensación económica polos días que os alumnos/as con dereito a comedor non puideron asistir ao mesmo debido ao peche dos centros educativos. Esta compensación económica será de 2,50 € / día para o alumnado que non paga taxas, e de 1,50 € /día para o alumnado que paga 1 € por día de non asistencia ao comedor escolar.
Aínda que as solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia, dadas as circunstancias dende o CPI Ramón Piñeiro queremos facilitar este trámite facendo nós a xestión para quen así o prefira. Deste xeito podedes enviar o número de conta no que queredes recibir a compensación económica ao correo electrónico da administrativa do centro, yolanda.sanchez@edu.xunta.es, sinalando o nome e apelidos do pai/nai solicitante, e o nome apelidos e curso do alumno/a (do resto dos datos xa dispoñemos no centro educativo), e nós realizaremos o trámite por vós. Aínda que o prazo sinalado pola Consellería remata o luns día 6 de abril, para que nos de tempo a facer a xestión precisamos que a máis tardar enviedes o citado número de conta antes do venres 3 de abril.
Un saúdo para tod@s e moito ánimo. Desta sairemos tod@s xuntos !!!
O director
Carlos Carballo Sieiro
CPI RAMÓN PIÑEIRO
Pobra de San Xiao
Láncara - LUGO