Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Aínda que en 2º BAC poderá obter o nivel intermedio, pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas(12 por competencia), nunha proba que durará 90 minutos e que se realizará no centro no mes de Maio.
A continuación deixamos información resumida e enlaces á información completa:
Marco galego de competencias dixitais
A acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:
O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 14 DE MARZO (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)
As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.
Podedes atopar máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
E tamén tedes acceso a unha "demo" na seguinte dirección:
Modelo solicitude acreditación dixital voluntaria alumnado 2024.pdf | |
Modelo solicitude acreditación dixital voluntaria alumnado 2024.doc |