Skip to Content

10. ÚLTIMA ACTIVIDADE PARA ENVIAR

MOI FÁCIL!

En EF case sempre dividimos a clase en 3 partes como xa sabes.

1) QUENTAMENTO, parte para entrada en acción.

2) PARTE PRINCIPAL, fanse tarefas e actividades para traballar un obxectivo.

3) FINAL, algunha actividade para voltar á calma.

 

Pensa nun obxectivo dos que traballamos normalmente en EF (saltar, desprazarse, lanzar, golpear...), xa o tes? agora busca un xogo para quentar, dous ou tres para a parte principal e outro para o final. Debes buscar actividades que teñan sentido, non me vale calquera cousa...

Non hai que explicalos, nada máis poñerlles un nome.

Podes escoller os que queiras: os teus favoritos, os que xa fixemos na clase, os das actividades que fun poñendo no confinamento...

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

EXEMPLO:

CLASE DE EF.

OBXECTIVO: TRABALLAR A EXPRESIÓN CORPORAL.

QUENTAMENTO:

- xogo estatuas

PARTE PRINCIPAL

- o espello e a sombra

- coreografía sinxela por grupos de 4

PARTE FINAL

- relaxación corporal con música

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

(podes facelo como queiras, nun papel e me envías a foto ou escaneo, nun video ou audio, por ordenador...)

murasgeada@gmail.com



book | by Dr. Radut