ACTIVIDADES PARA FOMENTAR A CURIOSIDADE.
(01-06-2020)
Dentro do conxunto de actividades que vos propoño para mellorar na xestión das emocións, chega unha nova entrega. Neste caso toca estimular a vosa curiosidade. A curiosidade é unha das máis valiosas virtudes que tedes os nenos/as e os adolescentes. Preguntádelo todo. Ese interese por saber non soamente é bo a nivel académico e intelectual, senón que tamén é bo a nivel emocional, satisfacer a necesidade que temos de saber axúdanos a ter emocións positivas.
Así pois, déixovos un par de actividades para que fagades na vosa casa coa a axuda dalgún adulto (os vosos pais, avós, irmáns…). Agardo vos gusten!
Adjunto | Tamaño |
---|---|
ACTIVIDADES CURIOSIDAD.pdf | 168.22 KB |