Skip to Content

8. VOLTA Á CALMA

A volta á calma e a parte final da sesión ou clase de EF antes de voltar ao colexio, comedor, recreo...

Por que temos que voltar á calma?

Despois dun exercicio intenso o noso corpo sufre unha serie de consecuencias case todas elas moi positivas para o organismo, queimamos glucosa, activamos moito a circulación e respiración, segregamos unha serie de sustancias que fan que nos sintamos BEN e relaxados despois de facer exercicio intenso. Tamén hai unha serie de efectos que non é que sexan "malos", pero que contrarestamos facendo unha volta á calma: aumento da temperatura, nerviosismo, suor, desgaste, hipertono muscular e por suposto fatiga!

Eu dependendo do intenso e duro do traballo feito adapto a duración desta parte da clase de  volta á calma.

Ás veces cun xogo suave, outras facendo estiramentos ou explicando algunha cousa que aconteceu para mellorar. Se por exemplo fixemos moitos saltos intensos unha boa volta á calma debera ter estiramentos dos músculos principais das pernas.

 

Vai facendo memoria e investigando algunhas actividades de volta á calma, na proxima actividade que fagamos ímola necesitar.

 

Un saúdo.



book | by Dr. Radut