Skip to Content

2º ESO

2º ESO

Ola a todos.

Reiniciamos a actividade despois desta paréntese:

  • Revisión dos verbos regulares (páxinas 104-105). Déixovos, ademais, estoutros exercicios relacionados co tema:

           1.  Sinala os verbos do texto e indica o tempo verbal:

          Seica os cabalos criados ceibes xa existían no século VI a.C., cando chegaron os celtas. Segundo conclúen algúns historiadores, xa os Oestrymus, pobo que habitou en Galicia e en Bretaña antes cós celtas, posuían cabalos. Este pobo foi o que construíu as famosas mámoas por todo o territorio galego. Invadido e sometido posteriormente polos saefes ou celtas, non se viu aniquilado, senón que conviviu con eles deixando a súa pegada na raza celta e na súa cultura.

          A dominación dos celtas durou oito séculos e asentáronse en zonas onde aínda hoxe hai cabalos ceibes (…)

          Os historiadores opinan que as vivendas que constituían os castros, polas súas reducidas dimensións, só albergaban animais de pequeño tamaño, namentres cabalos e vacas pacían ceibes polos montes.

          2.  Indica se son regulares ou irregulares e  explica por que

          3.  Di cal é o tempo ao que pertencen as formas verbais dos seguintes enunciados:

              -   Hoxe cheguei tarde ao traballo porque había moito tráfico

              -   Para o almorzo levarei unha mazá das que collemos onte e un bocadillo de xamón

              -   Seica xa aparcaron e están na rúa, moi preto de onde vivía ela

              -   Vide vós e que veñan tamén os cativos

 

              LEMBRA:

              Nos verbos regulares a raíz non varía (andar, andei, andando…).

              Nos verbos irregulares a raíz sobre variacións nalgúns casos (dicir, digo, dixen…).

  • Lectura  A baía de Vigo e exercicios de comprensión 1,2,3,7 (páx. 118)
  • Ortografía  (páx. 125-126)

 

Coidádevos moito.

Un saúdo.

 



page | by Dr. Radut