Skip to Content

4º ESO

4º ESO

Ola a todos. Espero que esteades ben.

Retomamos o contacto ; propóñovos unhas actividades para seguir coa literatura.

-          Lede  As Vangardas (páxinas 97-98 ). Poñede especial atención ás Vangardas galegas: Hilozoísmo, Neotrobadorismo, Creacionismo. Centrádevos nas características de cada un destes movementos,  no autor e obra máis representativo de cada un deles.

-          Comentario dos poemas 1 e 3 da páx. 100. Podedes consultar as figuras literarias no apéndice do libro (volumen 1).

-          Transcribo un poema de Amado Carballo para que o leades con atención e contestedes ás preguntas que vos propoño:

 

LAR

Anda a choiva no tellado

como unha galiña choca

que nesta noite ficara

no poleiro porta afora.

 

Con arelanzas de lobo

  • o vento abanea as portas

e ouvea doidamente

nas tebras molladas, fondas…

 

Alá xunto da cociña

óese o meniño que chora,

aterecida de medo

a súa voz no silencio aboia.

 

As mans abuadas da choiva

Baten nas costas do mar

E con leda brincadeira

A foula canta un cantar.

 

Aceiteira….

       Vinagreira….

             Chascorrás….

 

-          De que fala cada estrofa do poema?

 Se ordenas as palabras desfacendo o hipérbato, é moi fácil.

 Exemplo da 1ª estrofa:

 a choiva anda no tellado como unha galiña choca que esta noite ficara porta afora do poleiro

Compara a choiva coa galiña; o son que producen é semellante.

2ª estrofa:

 

3ª estrofa:

 

4ª estrofa:

 

Cal é o tema?

Fíxate se identificas fácilmente as características do hilozoísmo.

Atopas exemplos de personificación?

En relación coa sensorialidade, cal é o sentido (vista, oído…) que está máis presente no poema?

 

 



page | by Dr. Radut