RECURSOS PARA A TOMA DE DECISIÓNS VOCACIONAIS (2).
(25-03-2020)
Destinatarios: alumnado da ESO e Bacharelato.
Recurso: páxina web
Denominación: "Y AHORA QUÉ?"
Enlace: http://yaq.es
Descripción:
Na anterior entrada desta web (que podedes atopar máis abaixo) denominada "Recursos de apoio á orientación académico-profesional. A toma de decisións vocacionais en 4° da ESO" podedes atopar un esquema-resumo sobre o proceso de orientación vocacional e a toma de decisións vocacionais. Un aspecto imprescindible á hora de tomar unha decisión é ter información que nos axude a decidirnos. Un exemplo: Cando queredes mercar un móbil e tedes dúbidas entre varios modelos ¿Que facedes? Buscar información de cada modelo ¿verdade? prestacións, cámara, duración da batería, conexión á internet, pantalla, prezo… Obvio!
Pois na toma de decisións vocacionais sucede algo parecido. O que cambia é a información que precisamos. En primeiro lugar sobre un mesmo (o que se chama Autocoñecemento) e, en segundo lugar, sobre o sistema educativo e o mundo laboral (o mundo das profesións…). Para acadar información sobre o sistema educativo e as profesións, a web "Y AHORA QUÉ?" é un recurso sumamente útil. Nesta web podedes atopar información sobre diversos apartados:
-Selectividade, Carreiras-Universidade, grados universitarios, onde estudar, notas de corte, residencias universitarias, Másters…
-Cursos…
-Formación Profesional: ciclos e onde se imparten…
-Profesións: entrevistas a profesionais de distintos sectores que contan información interesante sobre o seu día a día, o seu traballo, cualidades necesarias, xornada laboral, tarefas…
-Foros.
Podedes atopar toda a información no seguinte enlace http://yaq.es
Finalmente, se precisades un asesoramento máis persoal na vosa toma de decisións vocacionais porque estades feitos un mar de dúbidas, podedes contactar conmigo na seguinte dirección de mail: psicologiaypedagogia2@gmail.com