Skip to Content

NOTA INFORMATIVA SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE O ESTADO DE ALARMA.

NOTA INFORMATIVA:

(16-03-2020; 19:30h)

Ante a situación de Estado de Alarma decretada polo Goberno de España, a Consellería de Educación acordou unha serie de medidas a adoptar nos centros educativos en relación coa pandemia COVID-19. Entre estas medidas a máis salientable é a suspensión de toda actividade lectiva durante 14 días. 

Ante este escenario, coa finalidade de non interromper o proceso formativo do alumnado; o profesorado empregará a páxina web dos centros e outros medios telemáticos para proporcionar recursos pedagóxicos e actividades ao alumnado que poidan realizar no fogar.

Neste senso, o Departamento de orientación (en adiante DO) adoptará as seguintes medidas de intervención:

  • Poñer a disposición de todo o alumnado e as súas familias a seguinte dirección mail, para que fagan as consultas que estimen pertinentes: psicologiaypedagogia2@gmail.com
  • De acordo coa estructura organizativa do DO, así como coas funcións do especialista en psicoloxía e pedagoxía, todos os recursos e actividades que, dende este momento e durante a duración do estado de alarma, aparezan neste apartado se organizan en tres ámbitos de actuación ou temáticos:

a) Actuacións, actividades e recursos de apoio ao proceso de ensino e aprendizaxe e de atención á diversidade do alumnado:

b) Actividades de apoio á Acción Titorial. Neste apartado englobaranse todas aquelas actividades dirixidas á formación integral e holística da persoa.

c) Recursos de apoio para a Orientación Académico-Profesional do alumno/a.

 



page | by Dr. Radut