A consecuencia do peche do noso centro educativo, por mor da pandemia COVID-19 (nome oficial da enfermidade producida por este coronavirus), irei comunicando con vós a través desta páxina.
Deixo aquí a miña dirección de correo electrónico para que contactedes conmigo para o que precisedes.
fqcpi2017@gmail.com
Os materiais de Física e Química cos que poderedes traballar nos seguintes días irán aparecendo nas páxinas seguintes.
Recordade seguir as normas para evitalo contaxio do virus e lavade as mans como aprendestes nos días pasados.
Saúdos.
Ángeles