Agora toca visualizar e facer que Rosalía se volva viral. Mira os vídeos tanta veces como queiras, reenvíallos aos teus amigos e familiares, e fai que esta semana Rosalía volva ao presente.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto coas súas familias, colaboraron coa mestra Guada para amosarnos a ilusión coa que están a esperar o Nadal. Esperamos que vós teñades as mesmas ganas de gozar destas festas.
A piques de cambiar de estación o alumnado de Educación Infantil quixo darlle unha magnífica despedida. Aí van os traballos deste alumnado que, xunto coas súas familias, traballou duramente para poder facer este peche de estación.
O día 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e a aula de 1º de Educación Primaria quixo conmemoralo dun xeito moi especial. Se queres ver como o fixeron, podes ver este vídeo.
A biblioteca do noso centro mergullouse neste curso académico nun programa de Bibliotecas Solidarias, no que se recollerán diferentes actividades das que poderemos dar boa conta nesta web. Pouco a pouco iredes descubrindo todas estas accións que fan da nosa biblioteca un dos lugares de encontro máis importantes do noso centro.
Para comezar, e con motivo da celebración do Día Internacional da Violencia de Xénero (25 de novembro), o noso centro engalanará de violeta algunha das súas ventás onde se recollerán mensaxes conmemorativas desta xornada.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole ofrécennos, no seu blog, distintos materiais para poder seguir traballando coa figura de Carballo Calero, homenaxeado neste ano 2020 e do que houbo que pospoñer a celebración.
Da igual que sexa 17 de maio ou 31 de outubro en Galicia.
Todos os días deberían ser o día da nosa LINGUA, o día das nosas LETRAS.
O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria comenzou con moita enerxía este curso.
En 2º inventaron esta divertida ladaíña para lembrar mellor as normas deste curso: botar xel, desinfectar as mans, manter a distancia interpersoal e levar a máscara ben colocada.
E desde 4º ofrécennos este rap para lembrarnos as normas que debemos seguir para non contaxiarnos. Son fenomenais!
Tal foi o éxito destas magníficas creacións que ata O Principiño quixo unirse para darnos os seus consellos. Podes velos no arquivo adxunto!
Chegou o momento de empezar ás vacacións de verán, os días de praia, as reunións familiares á sombra dunha árbore mentras refresca pola tardiña, os almorzos calmos mentras empeza a brillar o sol,...Chegou o día de dar a benvida á calor!
Un 16 de marzo de 2020 todo mudou. Aqueles que vían a escola como un edificio onde o alumnado se limitaba a asimilar contidos descubriron con incredulidade, e medo, que esta pechaba por un tempo indefinido para poder protexer á sociedade contra un virus. E agora,... como afrontar o día a día?
Pero cando parecía todo perdido, a escola rexurdiu virtualmente para cumplir o seu labor: ser unha sociedade en miniatura para que a xeración presente poida experimentar a vida futura nun entorno seguro. Profesorado, persoal non docente, alumnado e familias traballaron a reo durante todo este tempo desde as súas casas para non perder o ritmo.
Mais faltaba o máis importante: as vivencias, a convivencia, as conversas, os debates, os xogos, os sorrisos,...
XUNTOS
Con este vídeo queremos achegarnos un pouquiño aos vosos corazóns e volver a sentirnos moi preto.