O noso centro está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e, por iso, cada ano se crea un proxecto común que integra ao alumnado e profesorado onde todos os equipos se implican e traballan de forma conxunta e coordinada.
Neste curso 2021-2022 o noso proxecto é...
As historias da Historia
A Historia permite que coñezamos o pasado para entender o presente e proxectarnos ao futuro con leccións aprendidas e retos por lograr. Estudiar a Historia desperta e cultiva a curiosidade e axúdanos a entender mellor os procesos sociais.
As actividades propostas adaptáronse ás tres etapas que conforman o noso centro e nesta nova poderás ver moitas delas, a medida que se vai actualizando, como resumo deste ano académico.
Non te esquezas de darlle a leer máis para gozar de todo o traballo realizado neste curso.